Concertos

 

10 de xaneiro 2026 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Abel Tomás, violín
Emma Stratton, piano

  • W. A. Mozart: Sonata nº 18, en Do Maior, K. 301
  • J. Brahms: Sonata Op. 78 nº 1 en Sol Maior
  • F. Schubert: Fantasía en Do Maior, D. 934

+ INFO

 

 

 

 

 

 

 

 


17  de xaneiro 2026 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Cuarteto Brétema

Mario Rabanal, violín
Sara León, viola
Nuria Pons, violoncello
Iván Carpintero, piano

  • A. Scriabin: Sonata para piano nº 2, Op. 19
  • F. Schubert: Trío de cordas en si bemol maior, D. 471
  • R. Schumann: Cuarteto con piano en Mi bemol maior

 

 


22  de xaneiro 2026 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Juan Ferrer, clarinete
Raúl Mirás, violoncello
Alicia González, piano

  • L.v. Beethoven: Trío para Clarinete, cello e piano
  • N. Rota: Trío para Clarinete, cello e piano
  • J. Brahms: Trío para Clarinete, cello e piano

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


7  de febreiro de 2026 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Iria Folgado, óboe e corno inglés

Raquel Areal, violín
Sara Areal, violín
Marta Rodríguez Otero, viola
Millán Abeledo, violonchelo

“Ecos de Breogán” 

  • Obras de Benjamin Britten, R.Vaughan Williams, Arnold Bax, Elizabeth Maconchy e Fernando Buíde

 

 

 

 

 

 

 

 

 


28 de febreiro 2026 – Círculo das Artes –  20:00 h      

Banda Filharmónica de Lugo

Pablo Marqués, director convidado

«Como antaño»

  • Obras de José Manuel Izquierdo, Ximo Tarín e Rafael Talens
 

 

 

 

 

 

 


21 de marzo 2026 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Orquestra Sinfónica Vigo 430

Catherina Lee, violín  

Javier Fajardo, director

  • Max Bruch: Concerto para violín núm. 1
  • J. Brahms: Sinfonía nº 4 en Mi menor, Op. 98

 

 

 


 

16 de abril 2026 – Círculo das Artes – 20:00 h     

David Khrikuli (piano)

1º Premio do VII Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo (2024) 

  • Obras de F. Schubert, F. Liszt, A. Scriabin e M. Ravel. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


29  de abril de 2026 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Lied The Future

Belén García Burgos, soprano / Esther Vilar, piano

Liederkries

  • Lieder de R. Schumann, F. Schubert, K. Saariaho, C. Schumann, P. Viardot, M. de Falla & E. Grieg

 

 

 

 

 

 

 

 


10 de maio de 2026 – Círculo das Artes –  20:00 h

Filarmónica Km. O

Gañador do Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira 2025 (CMUS Xoán Montes de Lugo):

Álex Barcala, piano  &  Ensemble Filharmónica

  • (Programa en preparación)

 

 

 

 

 

 


 

29 de maio de 2026 – Círculo das Artes –  20:00 h

Real Filharmonía de Galicia

Amandine Beyer, directora

  • F Händel: Suite nº 1 da Música Acuática
  • F. Abel: Sinfonía nº 4 en do maior
  • Ch. Bach: Abertura e Suite de Amadís de Gaula

 

 

 

 

 

 

 

 


Concertos anteriores xa realizados na Tempada:


24 de outubro 2025 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Ensemble Praeteritum Sinfónico

Pablo Suárez Calero, violín e concertino 

DMITRI SHOSTAKÓVICH (50 aniversario):
  • Abertura Festiva, Op. 96
  • Concerto para violín núm. 2, Op.129
  • Sinfonía nº 5 en re menor, Op. 47

 


28  de novembro 2025 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Cuarteto Gerhard

  • L.v. Beethoven: Cuarteto nº 16, Op. 135
  • L.v. Beethoven: Cuarteto nº 15, Op. 132

 

 

 

 

 

 


5 de decembro 2025 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Real Filharmonía de Galicia

Baldur Brönnimann, director

  • Carme Rodríguez: Arborescente*   (*Encarga da RFG. Estrea absoluta)
  • Arvo Part: Frates
  • Grazyna Bacewicz: Concerto para orquestra de corda
  • Louise Farrenc: Sinfonía núm. 3 en Sol menor, Op. 36

 

 

 

 

 

 

 

 


26 de decembro 2025 – Círculo das Artes –  20:00 h      

Arundo Donax Ensemble

David Fiuza, director 

«Serenata para tutti»

  • Obras de J. S. Bach, W. A. Mozart, P. Mascagni, G. Bizet, J. Brahms, C. Debussy e A. Gorb.

 

 

 

 

 

 

 


Venda de entradas para non socios:  Oficinas do Círculo das Artes
Entradas para non socios: 20 €
Entradas estudantes: 5 €* (*menores de edad entrada gratuita)
Pódense reservar entradas escribindo a: filarmonicadelugo@gmail.com (A reserva non é obrigatoria)
Alta de socios e información tamén en: filarmonicadelugo@gmail.com
Descarga aquí o formulario de alta de socios e envíao a filarmonicadelugo@gmail.com

 

 


Colaboran:

 

 

 

 

 


   

 

10 de xaneiro: Abel Tomás/ Emma Stratton

Abel Tomás, violín / Emma Stratton, piano

 

  • W. A. Mozart: Sonata nº 18, en Do Maior, K. 301

  • J. Brahms: Sonata Op. 78 nº 1 en Sol Maior

  • F. Schubert: Fantasía en Do Maior, D. 934

 

Abel Tomás, violín

Nacido en Barcelona no ano 1980, Abel Tomás inicia os seus estudos musicais co seu pai e violín co seu tío. Posteriormente, é alumno de Zakhar Bron e Serguei Fatkouline na Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid (1995-98) e de Víktor Tretjakov na Hochschule für Musik de Colonia (1999-2002).

A súa formación camerística estivo profundamente influenciada polos mestres Walter Levin, Rainer Schmidt e György Kurtág.

Como solista actuou en diversas orquestras, entre as que cabe destacar a Orquestra Sinfónica de Barcelona, a Orquestra Sinfónica del Vallès, a Orquestra Sinfónica de Euskadi, a Orquestra Sinfónica de Tenerife, a Orquestra Nacional Clásica Andorra, a Orquestra Franz Schubert Filharmonia e a Orquestra Sinfónica da SWR de Stuttgart, con directores como James Judd, Junichi Hirokami, Víctor Pablo Perez, Carlo Rizzi, Inbal, Rubén Gimeno, Xavier Puig, Salvador Mas, Edmon Colomer e Zubin Mehta, entre outros.

Realizou numerosos recitais de violín e piano cos pianistas Orli Shaham, Suguru Ito, Miri Yampolsky, Amir Katz, Eldar Nebolsin, Kennedy Moretti e Hyo-Sun-Lim. Actualmente tamén forma un dúo coa pianista Emma Stratton.

Aos 16 anos entra a formar parte como membro fundador do recoñecido Cuarteto Casals, conxunto de cámara co que mantén unha actividade artística moi intensa dende o 1997 ata a actualidade, ofrecendo concertos nas mellores salas europeas e xiras anuais, por América Latina, Estados Unidos de América e Asia. Dende o ano 2004 o cuarteto grava en exclusiva para Harmonia Mundi, discográfica coa que levou a cabo numerosas gravacións ata día de hoxe.

O Cuarteto Casals foi galardoado co Premio Nacional de Música 2006, o Premi Ciutat de Barcelona 2005 e o Premi Nacional de Catalunya 2016. No ano 2009, xuntamente co seu irmán Arnau Tomás e a pianista Hyo-Sun-Lim, fundan o Ludwig Trío. Con este grupo ofreceu xiras por Europa e Corea do Sur, e tamén gravou dous CDs co selo discográfico Aglae.

Á marxe da súa intensa actividade concertística, Abel Tomás é tamén profesor de música de cámara, na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) de Barcelona. Recentemente gañou a praza como profesor de música de cámara na Hochschule für Musik und Theater de Hamburgo. Imparte tamén periodicamente clases maxistrais como profesor invitado na Escola Forum Musikae de Madrid, no Koninklijk Conservatorium da Haia (Holanda) e na Scuola de Musica di Fiesole (Florencia). Foi profesor invitado pola ECMA (European Chamber Music Academy)  e por ProQuartet (Paris)

 

Emma Stratton, piano

 “O pianismo de Emma Stratton é unha mestura de virtuosismo e musicalidade singulares que explican o por que merece un lugar destacado entre os talentos da súa xeración. Stratton evidencia unha inusual capacidade comunicadora  nunha músico da súa xuventude, o que converte cada unha das súas actuacións nunha viaxe emocional única conducida con mestría e respecto cara o ouvinte.” – RMC, Lluís Trullén

A pianista española-británica de 26 anos está acabando os seus estudos no prestixioso Konzertexamen en Hamburgo, e esta tempada debutou no Palau de la Música Catalana, na Sala Bechstein de Viena, recibiu a Bolsa de estudos Alícia de Larrocha, lanzou o seu primeiro CD Syndesi o cal gañou o Premio Enderrock 2025 na Categoría “mellor artista revelación de clásica” e ofreceu unha xira de concertos con Xuventudes Musicais de Cataluña.

Graduada con matrícula de honra da ESMUC en 2021 e do Máster de piano en Hamburgo, foi artista residente en l’Atlàntida de Vic, actuou no Auditorio de Barcelona, en prestixiosos festivais como a Schubertiada de Vilabertran e o Barcelona Obertura, colabora coa Fundación Live Music Now de Hamburgo e ofrece concertos regularmente en España, Alemaña, Reino Unido e Austria.

Durante a tempada 2025/2026 debutará como solista coa OBC en l’Auditori de Barcelona, e tamén actuará no Auditorio de Zaragoza, Lugo, Sala Turina de Sevilla, Sala Bechstein de Hamburgo, entre outros concertos programados.

Foi premiada en concursos nacionais e internacionais e recibiu bolsas de excelencia. Paralelamente é directora artística do Festival Clàssic Pals dende o 2021.