Círculo das Artes – 20:00h.
1º Premio do Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira 2025 (CMUS Xoán Montes de Lugo):
Álex Barcala Castro, piano
Participan:
Sara Seral Valle, óboe
Juan Aguado Bellón, violonchelo
—————-
Ensemble Filharmónica
Rebeca Maseda, violín
Manuel Fernández, violín
Diego Segade, viola
Mila Garcia, violonchelo
Programa:
André Previn (1929-2019)
Trío para óboe, fagot e piano
Ludvig van Beethoven (1770-1827)
Sonata nº 27 en mi menor, Opus 90
Fréderic Chopin (1810-1849)
Andante spianato e Gran Polonesa brillante en mi bemol maior, Opus 22
———–
Manuel Canales (1747-1786)
Cuarteto de cordas en sol maior, Op. 3 nº 5
Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira
O Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, organiza o Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira coa finalidade de motivar ao alumnado das distintas especialidades instrumentais mediante a interpretación pública dunha ou varias obras pertencentes ao repertorio solista do seu instrumento, e tamén dar a coñecer a Xosé Castiñeira, compositor, arranxador, teólogo e director de coro, unha das primeiras persoas en compoñer música relixiosa en galego e un dos compositores máis notables da nosa cidade.
Na tempada 2023/2024 a Sociedade Filharmónica de Lugo comeza unha colaboración co Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira consistente en instituír, como premio do concurso, a residencia e debut do gañador nun concerto da nosa tempada. O gañador do Concurso da edición de 2025 foi o novísimo pianista Álex Barcala Castro. Acompáñano, no Trío para óboe, fagot e piano de André Previn, Sara Seral Valle no óboe e Juan Aguado Bellón no violonchelo, estudantes tamén no Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo.
Na segunda parte do concerto o Ensemble Filharmónica, creado no 2024 especialmente para a ocasión e formado por prestixiosos músicos da nosa comunidade, ofrécenos o Cuarteto de cordas en sol maior, Op. 3 nº 5 de Manuel Canales, compositor español de gran relevancia no século XVIII ao que quizais non se lle outorga na actualizade o recoñecemento debido.