21 de marzo 2026:

Orquestra Sinfónica Vigo 430

Catherina Lee, violín  

Javier Fajardo, director

  • Max Bruch: Concerto para violín núm. 1

  • J. Brahms: Sinfonía nº 4 en Mi menor, Op. 98

 

Catherina Lee

Catherina Lee é descrita como unha intérprete de musicalidade excepcional, cun encanto, sensibilidade e fondura únicos que a sitúan nun nivel propio.

Entre os seus próximos compromisos destacan as súas actuacións como solista interpretando The Wandering of a Little Soul de Janáček en Viena, o Concerto para violín de Bruch coa Queensland Symphony Orchestra. No ámbito da música de cámara, destacan tamén as súas participacións no Stockholm Konserthuset, Salzkammergut Festwochen Gmunden, Lichfield Chamber Music Festival, Australian Chamber Music Festival, Vigo Chamber Music Festival, Oxford Coffee Concerts, Miesbach Kammermusik Festival, Concerts at Cratfield e IMS Open Chamber Music Festival.

Como destacada intérprete de cámara, colaborou con músicos da altura de Steven Isserlis, Kim Kashkashian, Shai Wosner, Colin Carr, Lars Anders Tomter, Philippe Graffin, Christoph Richter, Wilfried Strehle, David Waterman, Garfield Jackson e Alasdair Beatson.

Como solista actuou con numerosas orquestras en Europa e Australia, entre elas a Göttinger Symphony Orchestra, Orchestra di Padova e del Veneto, Vienna Ensemble, Wiener Akademische Philharmoniker, Junge Philharmonie Wien e Camerata Orphica Festival Orchestra; en Australia colaborou coa Queensland Symphony e Camerata – Queensland’s Chamber Orchestra. O seu debut como solista no Konzerthaus de Viena foi cualificado como un éxito extraordinario.

 

Javier Fajardo

Javier Fajardo está recoñecido como un dos artistas emerxentes da nova xeración de directores de orquestra en España. A pesar da súa mocidade, foi convidado por diferentes entidades como a Orquestra UMIP-Ataúlfo Argenta, a Orquestra Cristóbal Halffter Cidade de Ponferrada, a Orquestra Sinfónica de Castela e León, a Real Filharmonía de Galicia, o Coro da Comunidade de Madrid ou o do Palau de la Música Catalana, entre outros. Foi director artístico da Xove Orquestra e Coro da Universidade de Valladolid dende o ano 2017 ata o 2024 e, dende o 2022 ata o presente, é o director musical do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.

A título persoal, foi galardoado con diversos premios, como o segundo premio do concurso de directores Towards Polyphony de Wroclaw (Polonia) no ano 2017 ou o terceiro premio no concurso Aegis Carminis de Koper (Eslovenia) no ano 2019, o que o levou a realizar concertos internacionais con formacións como o Kammerchor Stuttgart, a Klassische Philharmonie Stuttgart ou o Rundfunkchor Berlin. Na presente tempada debutará coa Orquestra da Universidade de Concepción en Chile, ademais de asumir outros compromisos con orquestras coas que colabora habitualmente. Entre as súas últimas actuacións destacan a estrea en España do Requiem en memoria de Luis Camoes de Joao Domingos Bomtempo coa Sinfónica de Galicia, varias edicións do programa Cantamos! da Real Filharmonía de Galicia e o seu debut coa Orquestra de Castela e León o pasado abril de 2024.