17 de xaneiro: Cuarteto Bretema

Cuarteto Brétema

Mario Rabanal, violín
Sara León, viola
Nuria Pons, violoncello
Iván Carpintero, piano

  • A. Scriabin: Sonata para piano nº 2, Op. 19
  • F. Schubert: Trío de cordas en si bemol maior, D. 471
  • R. Schumann: Cuarteto con piano en Mi bemol maior

 

O Cuarteto Brétema nace do encontro de catro mozos músicos formados na Escola Superior de Música de Cataluña, unidos polo desexo de compartir a música de cámara como un espazo de diálogo e emoción. Ao longo destes anos traballaron con varios membros do Cuarteto Casals como Vera Martínez Mehner e os irmáns Abel e Arnau Tomás, e actualmente estudan baixo a guía de Cristina Cordero, o seu violista. Deles aprenderon a importancia da escoita, a claridade e a honestidade musical á hora de explorar e comprender novas obras de música de cámara.

 

Mario Rabanal Freire, violín

Nacido en Lugo en 2004, estuda actualmente na Escola Superior de Música de Cataluña co profesor Yuri Volguin. Realizou os seus estudos profesionais no Conservatorio Profesional de Música de Lugo, finalizándoos con Matrícula de Honra e obtendo o Premio Extraordinario de Ensinanzas Artísticas da Xunta de Galicia. Formou parte da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia e colaborou coa Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Roberto González-Monjas e Fernando Briones.

Recentemente recibiu a bolsa de estudos da Fundación Anna Riera 2025-2026.

 

Sara León Pardo, viola

Nacida en Cuenca en 2005, comezou os seus estudos musicais de viola no Conservatorio Profesional de Música Pedro Aranaz de Cuenca aos 8 anos. Recibiu clases particulares de Ashan Pillai, Cristina Cordero, Jonathan Brown, Laure Gaudron, Wenting Kang, Thomas Riebl…

Actualmente cursa o grao superior na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) baixo a tutela de Anna Puig. Tamén é membro activo da Jove Orquestra Nacional de Catalunya (JONC). Foi dirixida por directores de renome como Gustavo Dudamel, e en setembro de 2024, foi academista na Franz Schubert Philarmonie Orchestra, acompañando a solistas como Maxim Vengerov, Daishin Kashimoto…

 

Nuria Pons Orfila, violoncello

Nacida en Mahón en 2004, é unha violonchelista menorquina que actualmente cursa os estudos superiores de violonchelo na Escuela Superior de Música de Cataluña (ESMUC) co profesor Cristoforo Pestalozzi. É membro titular da Joven Orquesta Nacional de Cataluña (JONC), dirixida por Manel Valdivieso, onde recibiu clases de músicos da BandArt e da Mahler Chamber Orchestra (MCO).

Actuou como solista coa Orquestra Filharmónica do Ateneo de Mahón e participou en diversas galas e proxectos de cámara, entre eles a Gala Sine Dolore.

Forma parte da orquestra do Coro Illa de Menorca dende os seus inicios e foi membro de varias orquestras xoves como a EOIB, a JOCG e a JOSV, onde foi academista durante un ano, traballando con directores como Xavier Puig, Isabel Rubio e Andrés Salado.

 

Iván Carpintero Vivar, piano

 Nacido en Santander en 2005, iniciou os seus estudos de piano aos cinco anos. Cursa o Máster en Interpretación de piano na ESMUC, onde tamén realizou o grao superior tras ser primeiro nas probas de acceso aos 16 anos. Gañou primeiros premios en concursos internacionais como o de Linares, Marisa Montiel, o Monegrarte e o de Sevilla Julio García Casas, ademais doutros galardóns nacionais e internacionais.

Bolseiro por Erasmus na GO Kunstakademie Gent, recibiu clases de mestres como R. Akamatsu, A. Fiderkiewicz, G. Díaz Jerez ou D. Lossev. Deu o seu primeiro recital aos sete anos e actuou en numerosos espazos incluíndo a Casa de Rusia e a Sala Casyc.