Real Filharmonía de Galicia. Xoves 8 de marzo

Xoves, 8 de marzo

Circulo das Artes de Lugo, 20:00 h

Real Filharmonía de Galicia

Paulo Gaio Lima, violonchelo

James Dahlgren, director

 

F. J Haydn (1732-1809)

  • Sinfonia nº 25 en Do maior, Hob. I/25
  • Concerto para violonchelo e orquestra nº 1 en Do maior, Hob.VII B1
  • Divertimento en Sol “Cassatio”, Hob II
  • Sinfonia nº 45 en Fa sostido menor, Hob. I/45 (Os Adeuses)  

 


                                                                                                                     

Real Filharmonía de Galicia

Paulo Gaio Lima, violonchelo

Paulo Gaio Lima naceu en Porto. Estudou con Madalena Sá Costa no Conservatorio de Música de Porto e con Maurice Gendron no Conservatorio Superior de Música e Danza de París, onde viviu durante sete anos, co apoio dunha beca da Fundación Calouste Gulbenkian e o Ministerio de Cultura de Portugal.

Actuou como solista coas orquestras de Moscova, Szeged, Shanghai, Porto Alegre, Hannover, Monterrey, Basilea, Varsovia, Neuss ou Istambul, entre outras. Estreou obras de Dusapin, Koo, o Concerto para violonchelo de P. Hersant e 5 Miniaturas de C. Marecos.

De 1992 a 2000 foi violonchelo principal da Orquestra Metropolitana de Lisboa. Foi parte do Verdi Paris Quartet. Formou o Artis Trio con Aníbal Lima e António Rosado e dende 2006 forma parte do Trio.Pt.

Gravou os concertos de L. Boccherini, Beethoven, Brahms e Schumann, así como obras do repertorio de música de cámara portuguesa para EMI e RCA.