Real Filharmonía de Galicia – 24 de maio

XLVII Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Venres, 24 de maio de 2019  – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

Real Filharmonía de Galicia

Nicolas Altstaedt, violonchelo e dirección

Programa:

M. Ravel (1875-1937) – Le tombeau de Couperin, M. 68a

D. Shostakóvich (1906-1975) – Concerto para violonchelo nº 1 en mi bemol maior, op. 107

F. S. Kelly (1881-1916) – Elexía “In memoriam Rupert Brooke”

F. J. Haydn (1732-1809) – Sinfonía nº 100 en sol maior “Militar”

 


Nicolas Altstaedt

 Recoñecido pola súa integridade musical e virtuosismo natural, o violonchelista xermano-francés Nicolas Altstaedt é un dos artistas máis versátiles do momento. Como solista, director e director artístico, fascina e engancha ao público percorrendo a música dende o barroco ata os nosos días.

Realizou os seus estudos musicais en Berlín con Eberhard Feltz, unha lenda entre os educadores musicais.

Despois de saír vencedor en numerosos concursos internacionais, en 2009 obtivo unha bolsa de estudos da Fundación Borletti Buitoni e o ano seguinte recibiu o célebre Premio Credit Suisse Young Artist Award, que lle permitiu tocar xunto coa Orquestra Filharmónica de Viena dirixida por Gustavo Dudamel no Festival de Lucerna. Director artístico do Festival de Lockenhaus e da Orquestra Austro-húngara Haydn, actúa regularmente en salas como Concertgebouw de Ámsterdan, Nova York, Festival de Salzburgo, BBC Proms, etc. e conta con gravacións para Hyperion e ChannelClassics, entre outros.