6 de xuño: OSG

Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG)

Roberto González-Monjas, violín e director 

Programa:

W. A. Mozart 

  • Concerto para violín nº 4 en re maior, K 218
  • Rondó en do maior, K 373
  • Concerto para violín nº 5 en La maior, K 219

 

Roberto González-Monjas

Moi solicitado tanto como director de orquestra como pola súa faceta de violinista, Roberto González-Monjas e director musical da Orquestra Sinfónica de Galicia dende setembro de 2023. Este nomeamento recoñeceu a longa relación de Roberto coa OSG e fortalece a súa colaboración, así como o seu forte compromiso cos seus programas educativos. Roberto tamén é director titular e asesor artístico de Dalasinfoniettan en Suecia (dende a tempada 2019/20); director titular de Musikkollegium Winterthur en Suíza (dende a tempada 2021/22); principal director convidado da Orquestra Nacional Belga (dende a tempada 2022/23); e director artístico de Iberacademy en Colombia.
  
Os seus recentes debuts como director convidado deron lugar a novas invitacións e importantes debuts como as súas colaboracións coa Mozarteumorchester e a Camerata de Salzburgo, a Mahler Chamber Orchestra, a Orchestre National Bordeaux Aquitaine, a Orchestre National d’Île-de-France, a Filharmónica de Luxemburgo, a Lahti Symphony, a Verbier Festival Junior Orchestra, a Hong Kong Philharmonic, a Baltimore Symphony, a Swedish Radio Symphony Orchestra e a Oslo Philharmonic entre outras.
 
Comezou a súa carreira como violinista solista, director de orquestra e músico de cámara, e presentouse como tal nos festivais de Salzburgo, Grafenegg, Lucerna, Verbier e Lockenhaus. Adoita colaborar con cantantes e instrumentistas como Ian Bostridge, Yuja Wang, Rolando Villazón, Hilary Hahn, Andreas Ottensamer, Alexander Lonquich, Lisa Batiashvili, Fazil Say, Reinhard Goebel, Thomas Quasthoff, András Schiff e Kit Armstrong.
 
Apaixonado e dedicado á educación e á formación de novas xeracións de músicos talentosos, Roberto cofundou Iberacademy (Academia Orquestral Iberoamericana) xunto co director Alejandro Posada. Esta institución ten como obxectivo crear un modelo eficiente e sustentable de educación musical en América Latina, centrándose nos segmentos vulnerables da poboación e apoiando a mozas e mozos músicos de gran talento. Se ben ten a súa sede en Medellín (Colombia), tamén funciona en Bolivia, Perú, Chile e Cuba, para lles brindar aos seus e ás súas estudantes oportunidades que mudan a súa vida. Roberto tamén desempeña o seu traballo como profesor de violín na Guildhall School of Music & Drama e é mentor e director regular das orquestras de cámara e sinfónica da Guildhall School no Barbican Hall de Londres.
 
Cun repertorio impresionantemente ecléctico e amplo, algúns dos proxectos emblemáticos de Roberto inclúen a gravación de serenatas de Mozart coa Mozarteumorchester de Salzburgo, a interpretación do Concerto para violín de Esa Pekka Salonen coa Orchestre Nationale D’Île de France, a unión do Musikkollegium Winterthur, Iberacademy e oitenta mozos bailaríns para varias representacións da obra A consagración da primavera de Stravinski, ademais da estrea do Concerto para violín Colorfields de Richard Dubugnon e da presentación dunha nova posta en escena do Réquiem de Mozart co director de escena Stéphane Braunschweig na Ópera de Bordeos, só por nomear algúns dos devanditos proxectos. 

Roberto foi concertino da Orchestra dell’Accademia Nazionale di Santa Cecilia durante seis anos e como director do Musikkollegium Winterthur ata o verán de 2021. Toca un violín Giuseppe Guarnieri «filius Andreae» de 1710 que amablemente lle prestaron cinco familias de Winterthur e a Fundación Rychenberg.

 

17 de maio 2025

52 Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Sábado, 17 de maio de 2025  – Auditorio Fuxan os Ventos, 20:30 h

Venda de ENTRADAS: https://entradaslugo.es

Gallaecia Ensemble Barroco

Eu, Francesca

 
 
 
 
 
 

 

Rosana Orsini, soprano

Inés Salvado, actriz

María José Pámpano, dirección artística

 

Programa:  

Francesca Caccini (1587 – 1640)

Obertura La liberazione di Ruggiero dalli isola di Alcina

Isabella Leonarda (1620 – 1704)

Sonata XII Op.16

Bianca María Meda (c.1665 – c.1700)

Cari Musici

Barbara Strozzi (1619 – 1677)

Che si può fare

Antonia Bembo (1640 – 1720)

Aria di Pasithea, L’Ercole Amante

Élisabeth Jacquet de La Guerre (1665-1729)

Aria affecttuosa

Élisabeth Jacquet de La Guerre (1665-1729)

Obertura Céphale et Procris

Caroline Shaw (1982)

Red, Red Rose

 

Gallaecia Ensemble Barroco

María José Pámpano | violín e dirección músical

Elena Vázquez | violín

Marta López | cravo

David Garrido I óboe barroco

Paulo Gonçalves I frauta de bico e traverso

Carlos García Amigo | cello

Alfonso Morán | contrabaixo

Tin Novio | guitarra barroca e tiorba

 

Rosana Orsini I soprano solista

Inés Salvado I actriz protagonista

 

Maria Lado I texto

Laura Iturralde I deseño lumínico e creación visual

Xurxo Pinheiro, técnico de son

Denise Freire de Amas, técnica de luz

María José Pámpano, dirección artística


Eu, Francesca

No ano que se conmemora o 400º aniversario da creación da Liberazzione di Ruggiero de Francesca Caccini -recoñecida como a primeira ópera composta por unha muller- o grupo de música antiga Gallaecia Ensemble Barroco presenta o espectáculo escénico-musical Eu, Francesca. Baixo a dirección da violinista galega María José Pámpano, o ensemble presenta na 52 Semana de Música do Corpus – Festival de Música Cidade de Lugo 2025 unha adaptación teatralizada do que fora o seu proxecto de presentación titulado Oh, Rosas Vivas!, estrenado na Cidade da Cultura de Galicia en novembro de 2021 e no que brindaban homenaxe a mulleres compositoras da época barroca. Nesta nova versión do espectáculo, a modo de concerto teatralizado, a actriz Inés Salvado da vida a unha das compositoras máis célebres de todos os tempos: a italiana Francesca Caccini (1587 – 1641). Da súa propria man, adentrarémonos nunha apaixaonte viaxe musicada tras as súas propias pegadas e a de outras ilustres compositoras que nos levará dende a Florencia dos Médici até o mesmo corazón de Versalles ante o Rei Sol, Luis XIV. Nacida no seo dunha familia de músicos na Florencia do século XVII, Francesca Caccini acadou o posto mais alto xamais pensado para a sociedade da súa época, converténdose na primeira muller compositora ao servizo na Corte dos Médici. Coma ela, tantas outras compositoras de éxito, recoñecidas no seu momento, foron logo borradas das páxinas da historia. Unha historia que hoxe queremos reescribir para reivindicar o lugar que merecen coma artistas e creadoras, e poñer en valor a súa labor coma figuras pioneiras na profesionalización da muller no eido musical.

 

Gallaecia Ensemble Barroco

Gallaecia Ensemble Barroco é un proxecto musical que procura esvaecer as marxes entre a música antiga e a creación galega mais contemporánea, combinando as músicas do pasado con aquelas mais actuais nun diálogo no que tamén entran en xogo outras disciplinas artísticas, tales coma a pintura, a poesía ou as artes visuais. Coas súas interpretacións, baseadas en criterios historicistas e sobre instrumentos antigos, a formación trata de explorar ao límite as posibilidades tímbricas e sonoras destos instrumentos en particular. Así, dentro do seu repertorio podemos atopar dende músicas proprias dos s. XVII e XVIII ata composicións contemporáneas, mostrándose coma unha formación pioneira en Galicia neste tipo de prácticas sobre instrumentos históricos. Creado baixo a dirección da violinista galega María José Pámpano, o Gallaecia Ensemble Barroco facía a súa presentación en novembro de 2021 na Cidade da Cultura de Galicia co espectáculo Oh, Rosas Vivas! Un proxecto multidisciplinar “único e engaiolante” xunto aos recoñecidos artistas Laura Iturralde, Yoseba Murazabal e María Lado. Con unha clara dirección artística, o ensemble ofrece unha visión totalmente renovada do concepto de concerto clásico con programas nos que se combina tradición musical coa creación artística de vangarda. Así, presentaban o seu segundoproxecto, Calidoscopio, no festival Escenas do Cambio en 2023 no que abordaban a icónica partitura de Terry Riley in C sobre instrumentos históricos, nunha insólita interpretación e posta escénica rompedora para brindarnos un novo universo creativo capaz de romper con estereotipos e clichés, na procura de novas audicencias para estas vellas-novas músicas.

María José Pámpano, dirección artística

Fórmase en violín clásico no Conservatorio Superior de Música de Vigo e a Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia, e especiaÍízase en violín barroco e interpretación históricamente informada na Escola Superior da Músíca e Artes do Espectáculo do Porto na clase da prestixiosa violinista Amandine Beyer.

Alén dunha extensa extensa experiencia no eido do violín clásico, continúa a súa formación no ámbito da música antiga participando nas master-class de reconhecidos violinistas como Mira Glodeannu, Enrico Gatti, Pedro Gandía, Ángel Sampedro, Lucy van Dael, Peter Spissky ou Manfredo Kramer, e colaborado con diversas agrupacións como a Orquestra Barroca da Universidade de Salamanca, Orquestra Barroca do Real Conservatório de Bruxelas, Orquestra Barroca do Conservatório de Amsterdam ou Orquestra Barroca do

Conservatório de Malmo, actuando baixo a dirección de mestres como Win ten Haven, Andrea Marcón, Jagues Ogg, Sigiswald Kuijken ou Lucy Van Dael, entre outros moitos outros.

No ámbito profesional, bem como violinista ou como violista, ten participado con numerosas formacións coma a Orquestra Barroca de Venecia, Orquestra Barroca da Casa da Música do Porto, Orquestra Barroca Norte do Sul, a Orquestra Barroca Casa Mateus, o grupo Ars Combinatoria ou o recoñecido emsemble Gli Incogniti, xunto ao que recibía o premio Diapason D’Or pola grabación dos Concerti Grossi de Corelli.

Coma músico do seu tempo, comparte a súa paixón entre a a investigación sobre as músicas do pasado e a exploración en linguaxes contemporáneas. Así, ademáis de liderar proxectos camerísticos coma o Concerto das Donas ou o Gallaecia Ensemble Barroco, forma parte do cuarteto Alicerce, especializado en repertorio clásico e romántico sobre instrumentos de época; e do singular cuarteto de cordas Suelen Estar Quartet, único na escena nacional en abordar a linguaxe da libre improvisación sobre instrumentos clásicos. Asemade, forma parte de agrupacións coma a Orquestra Galega de Liberación ou o Ensemble Liberdade que afondan en novas técnicas compositivas.

Inés Salvado, actriz

Licenciada en comunicación audiovisual na USC, especialidade en guión e dirección. Graduada na escola de Artes e Oficios Mestre Mateo en Fotografía Artística e posteriormente en interpretación na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto. Dende o 2006 vén estando vencellada coas artes escénicas ata actualidade que traballa na compañía profesional A FEROZ, coa que participa como actriz nos espectáculos Afterparty, Santa Inés e Do pracer e Da morte, Frío, Alicia paraminchiñas, e Bulevar Papagaio. Traballou como actriz no Centro Dramático Galego(CDG) na peza O Charco de Ulises.

É integrante do grupo musical DE VACAS, galardoado nos Premios da Música Martín Códax en 2016 e premiado na II edición do Festival Territorio Violeta na Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo no 2018. Ademáis de vocalista e percusionista na banda de Budiño, do Coro Encaixe e Guadi Galego. Nos últimos anos veu colaborando ca Real Filharmonía de Galicia con traballos de actriz e narradora como o destacado concerto de reis A bela dormente de Chaikovski ou A paixón de Simone de Kaija Saariaho.

Rosana Orsini, soprano

Rosana Orsini naceu en Vitória (Brasil) e licenciouse en Canto Lírico pola Universidade Federal de Minas Gerais. En 2020 trasladouse a Nova York, onde estudou con Lynn Owen na Manhattan School of Music (Máster en Canto). Dous anos máis tarde, Orsini trasladouse a Londres, onde obtivo un Diploma de Posgrao en Interpretación Vocal Lírica pola Royal Academy of Music, onde estudou con Diane Forlano.

Profundamente interesada na interpretación históricamente informada da música antiga, formouse con Antonio Florio no Conservatorio di San Pietro a Majella de Nápoles, Italia, e con Eduardo López Banzo no Curso Internacional de Interpretación Vocal Barroca de León.

Orsini actuou como solista con diversas orquestras en Brasil, Estados Unidos, Portugal, España, Inglaterra, Italia, Eslovaquia e República Checa, nos máis prestixiosos teatros e festivais internacionais de música como o Stavovské Divadlo (Praga – CZE), Teatro Municipal do Rio de Janeiro (BRA), Palácio das Artes (Belo Horizonte – BRA), Greenwich National Gallery of Art (New York – EE. Island Guitar Festival (New York – USA), Aste Nagusia (Bilbao – ESP), Panama Early Music Festival (Panamá City – PAN), Espazos Sonoros (Galicia – ESP), Scarlatti Lab Barocco (Naples – ITA), Eurovia – Festival Internazionale di Venezia (ITA), Estoril / Lisbon International Festival (PRT), etc.