26 de maio 2022

XLIX Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Xoves, 26 de maio de 2022  – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

 

Sofya Melikyan

 

 
 
 
 
 
 

 

Sofya Melikyan, piano

 

Programa:

GABRIEL FAURÉ (1845 – 1924)

  • Nocturno nº 1 en mi bemol menor, op. 33
  • Impromptu nº 2 en fa menor, op. 31

CÉSAR FRANCK (1822 – 1890)

  • Preludio, Coral e Fuga

FREDERIC MOMPOU (1893 – 1987)

  • Escenas de nenos (Scènes d’enfants)

FRANZ LISZT (1811 – 1886)

  • La Lugubre Gondole II, S200
  •  Valse Oubliée nº 1, S215
  •  Les jeux d’eau à la Villa d’Este
  • Après une lectura de Dante. Fantasia quasi sonata

 


Sofya Melikyan

Sofya Melikyan ofreceu concertos en prestixiosas salas de Europa, Asia, Estados Unidos de América, Australia e Canadá, con recitais no Carnegie Hall, Lincoln Center, American Liszt Society, Kennedy Center, Philip Lorenz Memorial Keyboard Concerts de Fresno, Guangzhou Opera House, Bulgaria Concert Hall, Festival Chopin Luxemburgo e concertos coa Orquestra Sinfónica Nacional de Armenia, Master Symphony, Orquestra Estatal de Cámara de Armenia, Orquestra Filharmónica Europea, Joven Orquesta Nacional de España, Orquestra de Córdoba, Orquestra Sinfónica de Valencia, Orquestra Filharmónica de Andalucía, Orquestra Sinfónica da RTVE, Orquestra Sinfónica Nacional de Cuba, North Shore Symphony Orchestra de Chicago e a Orquestra Sinfónica de Vancouver.

Nacida en Yerevan, comezou alí a súa formación na Escola de música Tchaikovsky con Anahit Shajbazyan. Continuou os seus estudos no RCSM de Madrid con Joaquín Soriano, conseguindo o Premio Extraordinario de Honra Fin de Carreira. Posteriormente perfeccionou a súa interpretación con Galina Eguiazarova en Madrid, Ramzi Yassa e Brigitte Engerer en París. Realizou estudos de posgraduado na Manhattan School of Music de Nova York baixo a tutela de Solomon Mikowsky.

Apaixonada intérprete de cámara colaborou con Amaury Coeytaux, Gary Hoffman, Torleif Thedéen, Tanja Becker-Bender, Silvia Simionescu, Lise Berthaud, Kim Kashkashian, Karen Ouzounian e Philippe Graffin.

En 2018 Sofya publicou dous novos traballos discográficos que obtiveron os mellores eloxios da prensa especializada: Women (Disco de Ouro Melómano, 4* SP Ritmo, 4* Pizzicato…) con obras das compositoras contemporáneas Gubajdulina, Chitchyan, Saariaho e Quiaro (IBS) e finalista aos Premios MIN e Spanish Piano Music (Etcetera Records) dedicado a Granados e Mompou (5* Classica, 10 Klassik Heute, disco recomendado Der Tagesspiegel). Acaba de gravar o primeiro CD de The Brahms Project cos Tríos nº 2 e 3 xunto aos seus amigos da infancia e compañeiros de escena David Haroutunian e Mikayel Hakhnazaryan, e prepara un disco en solitario dedicado a Gabriel Fauré.

Entre as súas recentes actuacións destacaron recitais no Muziekcentrum de Gante, Sala Flagey de Bruxelas, Festival ppIANISSIMO de Bulgaria, Fresno State Music Hall (California), Festival de Música Española de Cádiz -onde ofreceu un intenso programa con 11 estreas de compositoras españolas-, ademais de concertos coa Sinfonía Toronto, Orquestra da RTVE e o seu debut coa Orquestra Real Filharmonía de Galicia. Na presente tempada ofrecerá recitais en Málaga, Marbella, un proxecto semiescenificado na Fundación Juan March e debutará en concerto en Barcelona.