Coro EL LEÓN DE ORO – 5 de maio

Coro El León de Oro 

Marco Antonio García de Paz (director) 

Italia & España “La Edad de Oro” Obras de Palestrina, Monteverdi y Victoria. / Dos décadas de duro trabajo, mucha ilusión y unas cotas de calidad altísimas que se han visto recompensadas con 50 premios nacionales e internacionales que lo avalan como uno de los coros de referencia del panorama no solo español, sino también europeo.

 

Programa:

Giovanni Pierluigi da Palestrina (1525-1594)

Laudate pueri (a 8)

Missa Papae Marcelli (a 6)

Claudio Monteverdi (1567-1643)

Adoramus (a 6)

Cantate domino (a 6)

Tomás Luis de Victoria (1548-1610)

Magnificat primi toni (a 8)

Regina Caeli (a 8) 

 

                                                                                                                               Ver máis

A principal aspiración de LDO non é outra que a procura da beleza sonora, experimentar a pureza da polifonía e a comunidade que xurde do canto conxunto. Isto non se pode conseguir sen o máximo entusiasmo e dedicación, coa vontade irrenunciable de favorecer a calidade en detrimento da cantidade. Invitámoslles a descubrir con nós esta apaixonante aventura sonora e a gozar a maxia do canto coral.

O pasado 2017 cumpríronse os 20 anos da fundación de El León de Oro, agrupación vocal que comeza como un pequeno grupo de amigos apaixonados do canto e que, hoxe por hoxe, converteuse xa nun sólido proxecto que se está revelando como unha referencia en España e no estranxeiro, tal como referendan numerosos galardóns, o éxito de público e crítica e as invitacións aos mellores festivais.

A formación destaca pola súa versatilidade en canto a repertorio e a cadro de persoal, o que permite ofrecer todo tipo de concertos cun amplo repertorio que abrangue dende os mestres do Renacemento e o Barroco ata as obras para agrupación vocal máis vangardistas.

LDO ofreceu concertos a capela en destacados festivais españois, diversos países europeos, Estados Unidos de América e África, e mantén tamén unha continua colaboración con importantes orquestras do noso país, como a Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, a Oviedo Filarmonía, a Orquestra Sinfónica de Bilbao e o grupo Forma Antiqva, con quen levou a cabo programas como o Magnificat de J. S. Bach, o Requiem de Fauré, o Requiem de Mozart, a Novena Sinfonía de Beethoven, as Paixóns segundo San Xoán e San Mateo de J. S. Bach ou Dafnis e Cloe de Ravel, entre outros.

En España, nos últimos anos, foi invitado ao festival Musika-Música, Semana de Música Relixiosa de Cuenca, cun concerto propio e outro colaborando con The Tallis Scholars baixo a dirección de Peter Phillips, Festival de Música Antiga de Logroño, Festival Internacional Arte Sacro en Madrid ou Bilbao Arte Sacro.

Dentro dos proxectos levados a cabo o pasado ano 2016, pódese destacar a gravación dun CD no mes de setembro con Peter Phillips como director invitado.

Non podemos deixar de destacar o grande éxito que LDO colleitou na London International A Cappella Choir Competition en 2014, co programa Road to London, onde obtivo o primeiro premio desbancando a agrupacións corais de todo o mundo.

A tempada 2017-2018 está sendo fabulosa para LDO: ademais deste concerto no Círculo das Artes de Lugo, participou en Bilbao Arte Sacro, ofrece dous concertos en coprodución co Centro Nacional de Difusión Musical en Oviedo e León, e interpretou a Misa da Coroación de Mozart coa Orquestra do Mozarteum de Salzburgo, dirixidos por Leopold Hager.

Marco Antonio García de Paz

É titulado superior en Violín e Música de Cámara polo Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias e en Dirección polo Centro Superior de Música do País Vasco, Musikene. Actualmente desenvolve o seu traballo como docente no Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias, CONSMUPA, onde ensina música de cámara, coro e técnicas de dirección.

Iniciouse na música coral na Escolanía de Covadonga (Asturias), proseguiu os seus estudos na Schola Cantorum da Catedral de León e formouse como director coral nos cursos da Federación do País Vasco co mestre J. Duijck. Completou os seus estudos de dirección coral con G. Baltés no Centro Superior de Música do País Vasco, Musikene. Outras personalidades fundamentais na súa formación foron J. Busto e P. Phillips entre outros.

É director-fundador do coro El León de Oro de Luanco (LDO), co que actuou por toda España e en países como Francia, Marrocos, Italia, Suecia, Eslovenia, Bulgaria, Bélxica, Inglaterra ou Estados Unidos de América. Conseguiu numerosos premios en importantes certames como Maasmechelen, Arezzo, Maribor ou Londres. Proclamouse en dúas ocasións gañador do Gran Premio Nacional de Canto Coral, nas súas edicións de 2003 e 2006. Colabora asiduamente con figuras tan destacadas como Peter Phillips e os Tallis Scholars.

Como director, recibiu o premio ao mellor director no XXVIII Concurso Coral Internacional Profesor Georgi Dimitrov, celebrado en Varna (Bulgaria) en 2005 e no IX Internationale Koorwedstrijd van Vlaanderen – Maasmechelen (Bélxica) en 2007.