Las Arpas Sonorosas – 28 de maio

XLVII Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Martes, 28 de maio de 2019  – Casa do Saber da USC, 20:30 h

Las Arpas Sonorosas

Laura Puerto e Manuel Vilas, arpas de dúas ordes

Programa:

Josquin des Prez (c. 1450/1455-1521)

Tu pauperum refugium (4vv)

 Francisco Guerrero (1528-1599)

Ave María (4vv)

Antonio de Cabezón (1510-1566)

Ancol que col partire. Rore

Giovanni Pierluigi da Palestrina (1525-1594)

Sicut cervus (4vv)

Hernando Franco (1532-1585)

Magníficat de quinto tono (4vv)

Magnificat “Anima mea”

Antonio de Cabezón

Tiento del cuarto tono

Antonio Carreira (†1593)

Tiento sobre “Con qué la lavaré”

 Juan Vásquez (S. XVI)

De los álamos vengo (4vv)

Antonio de Cabezón

Tiento sobre “Malheur me bat”

Gracia Baptista (S. XVI)

Conditor alme

Antonio de Cabezón

Duviensela. Sermisy

Diferencias sobre el canto del Caballero. Gombert

 


Las Arpas Sonorosas

A arpa de dúas ordes gozou dunha excepcional importancia no ámbito ibérico dende o século XVI ao XVIII. Mostra disto é a aparición durante o século XVI de importantes publicacións para «tecla, arpa e vihuela», que inclúen a arpa como destinatario dun belo corpus musical polifónico.

Por primeira vez despois de varios séculos, dous arpistas de dúas ordes volven xuntarse para recrear este repertorio como nunca antes se fixera en tempos modernos.

  

Laura Puerto

Laura Puerto é Máster en Interpretación da Música Antiga pola ESMUC/Universidade Autónoma de Barcelona. Posúe o Título Superior de Clave con Premio Fin de Carreira. Posteriormente especialízase na interpretación da arpa ibérica de dúas ordes con Nuria Llopis, desenvolvendo un crecente labor investigador e interpretativo neste instrumento e o seu repertorio, así como na relación en criterios interpretativos entre a arpa e os instrumentos de teclado no Renacemento español.

A súa intensa actividade concertística levárona por todo o mundo, tanto dedicándose ao repertorio antigo, como á música contemporánea e realizando numerosas estreas. Entre os grupos cos que colabora habitualmente figuran Vocal Ensemble, La Bellemont, Hippocampus, La Folía, La Dispersione, Estil Concertant, Los Afectos Diversos, Un Cavalier di Spagna, La Reverencia, Compañía Teatro del Príncipe ou o Ensemble Sopra Il Basso.

Realizou numerosas gravacións discográficas, destacando os CDs La Voix de la Viole e Plaisir Sacré, gravados co seu ensemble La Bellemont. Estes obtiveron excelentes distincións por parte da prensa especializada española e estranxeira, como os 5 diapasóns da revista Diapasón, 4 estrelas da revista Classica, “disco excepcional” da revista Scherzo, Melómano de Ouro da revista Melómano, o “R” de Ritmo. Así mesmo acaba de lanzar a súa primeira gravación como solista dedicada ás cancións glosadas de Antonio de Cabezón titulado Ultimi miei Sospiri.

Ocupa a cátedra de clave no Conservatorio Superior de Música de Aragón. Tamén foi profesora de música barroca na Joven Orquesta Nacional de España.

 

Manuel Vilas

Nace en Santiago de Compostela, onde inicia os seus estudos musicais. Estuda arpas antigas dos séculos XII a XVIII en Madrid con Nuria Llopis e en Milán con Mara Galassi. Colaborou con numerosos grupos como Les Musiciens du Louvre, Al Ayre español, Capilla Jerónimo de Carrión, Musica Ficta, Capela de Ministrers, Ensemble Elyma, Camerata Iberia, La Hispanoflamenca, La Galanía, Ars Longa, La Trulla de Vozes, Orquesta Barroca de Sevilla, Coro Nacional de España, Ensemble La Chimera, Armonía del Parnás, Los Músicos de su Alteza, etc., nos máis importantes festivais de España, Europa e América.

Colaborou como acompañante e como solista en máis de 60 discos con diferentes grupos e discográficas. Participou en producións operísticas en París y Viena (L´incoronazione di Poppea, de Monteverdi), Madrid, Xenebra, México e Berlín (La Púrpura de la Rosa, de Torrejón y Velasco), Múnic e San Sebastián (Orfeo de Monteverdi), así como na recuperación da obra escénica Andrómeda y Perseo no curral de comedias de Almagro e nas representacións da zarzuela Salir el amor del mundo de Sebastián Durón no teatro Arriaga de Bilbao. Foi o primeiro arpista en ofrecer un curso de arpa barroca española en Estados Unidos de América e en Cuba. Actualmente encóntrase centrado nun ambicioso proxecto de recuperación de pezas vocais do barroco español interpretadas exclusivamente co acompañamento da arpa de dúas ordes, tal como se facía na época. Deste proxecto ata este momento saíron catro discos compactos para os selos Naxos, Enchiriadis, Arsis e La ma de Guido, coas voces de Raquel Andueza, Marta Infante, Estrella Estévez e Felix Tienth.

En 2008 funda o grupo Ars Atlántica, que se presenta no Festival Via Stellae (Santiago de Compostela) coa estrea en tempos modernos das cantatas procedentes do palacio que a familia Contarini posuía cerca de Venecia. A gravación destas cantatas, xunto á mezzo Marta Infante, foi galardoada en Holanda co premio Prelude Classical Music  como  uns dos mellores disco de música antiga do 2010. Así mesmo, é pioneiro no estudo de certo tipo de arpas hoxe totalmente esquecidas, como a arpa xesuítica chiquitana (Bolivia, século XVIII), e a arpa dobre que circulaba pola coroa de Aragón no século XIV, que presentou recentemente interpretando obras  de Guillaume de Machaut.

Recentemente foi invitado a representar a España no VI Festival Mundial de Arpa na cidade de Asunción (Paraguai) sendo o primeiro arpista en ofrecer un recital de arpa de dúas ordes neste país.