La Ritirata – 29 de maio

XLVIII Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Sábado, 29 de maio de 2021  – Círculo das Artes de Lugo, 20:00 h

La Ritirata

Josetxu Obregón, violonchelo e dirección artística

Eugenia Boix, soprano

Beatriz Oleaga, mezzosoprano

Tamar Lalo, frauta

Ismael Campanero, violone

Daniel Oyarzabal, clave

 

Antonio Caldara e o violonchelo

 

 

Programa:

Antonio Caldara [1670-1736]

Sinfonia à violoncello solo, en re maior

“Pompe Inutili” (Aria do oratorio “Maddalena ai piedi di Cristo”)

“Vicino a un rivoletto” (1729) Cantata. Canto Solo, con un’ Aria di Violino, e l’altra Violoncello Solo

Aria «Soffriró pene e tormenti»

Aria «Con leggera navicella» (do oratorio “Santa Ferma”)

“Porgete per pietà” (1729) Cantata. Canto Solo, con Violino, e Violoncello conc[erta]ti


La Ritirata

Creada durante a súa etapa de residencia en Holanda por Josetxu Obregón, La Ritirata toma o seu nome do último movemento do célebre quinteto que Luigi Boccherini compuxo en Madrid, titulado La Musica Notturna delle strade di Madrid.

Nos seus 13 anos de traxectoria, actúan en festivais e salas de gran prestixio de Europa, América, Asia e Oriente Medio, como por exemplo Musikfestspiele Potsdam, Ludwigsburger Schlossfestspiele e Tage Alter Musik Regensburg (Alemaña), Internationalen Barocktage Stift Melk (Austria), Teatro Nacional de China (Beijing), Felicja Blumental de Tel Aviv (Israel), Centro Studi Boccherini en Lucca (Italia), Sligo Festival of Baroque Music (Irlanda), Valletta International Baroque Festival (Malta), así como numerosas xiras americanas por México, Chile, Colombia, Costa Rica, Bolivia, Perú, Ecuador. No noso país son habituais dos principais festivais e escenarios como Universo Barroco e Liceo de Cámara do CNDM no Auditorio Nacional de Música de Madrid, Musika-Música/La Folle Journée do Palacio Euskalduna de Bilbao, Festival de Música Antiga de l’Auditori de Barcelona, Fundación Botín e Festival Internacional de Santander, Ciclo de Grandes Intérpretes da Universidade Autónoma de Madrid, Festival de Música Antiga de Úbeda e Baeza, Semana de Música Antiga de Estella, etc.

La Ritirata recibiu o Premio Ojo Crítico 2013 de RNE, na modalidade de Música Clásica, concedido por primeira vez na súa historia a un grupo de música antiga, e o Premio Codalario ao Mellor Produto musical 2014.

Subvencionados polo INAEM dende 2011, La Ritirata ten no seu haber varias gravacións para as discográficas Verso, Arsis, Columna Música e Cantus, e dende 2013 son artistas do selo Glossa. As súas gravacións recolleron un grande éxito de crítica nas principais publicacións europeas, recibindo o selo Recomendado CD Compact, a cualificación de Disco Excepcional do Mes da revista Scherzo e Disco Especialmente Recomendado da revista Ritmo, Melómano de Ouro, Supersonic Pizzicato (Luxemburgo), 4 étoiles en Classica (Francia), e estupendas críticas en Toccata e Fono Forum (Alemaña), Gramophone e BBC (Reino Unido), etc.

En 2020 publican a súa última gravación: Antonio Caldara and the cello.

La Ritirata foi galardoada co Premio de Cultura da Comunidade de Madrid na categoría de música clásica, que premia o labor de investigación e difusión de música antiga que realizou Josetxu Obregón e que levou á Ritirata a ofrecer máis de 200 concertos en 22 países de 4 continentes.

Josetxu Obregón

Director e fundador da Ritirata, profesor do Real Conservatorio Superior de Madrid e galardoado con máis de 13 premios en concursos nacionais e internacionais, Josetxu Obregón nace en Bilbao, cursa estudos superiores e de posgraduado en violoncello, música de cámara e dirección de orquestra coas máis brillantes cualificacións en España, Alemaña e Holanda, onde estuda violoncello barroco no Koninklijk Conservatorium da Haia e con Anner Bylsma.

Ofrece numerosos concertos en Alemaña, Francia, Reino Unido e en máis de 18 países europeos, Xapón, China, Estados Unidos de América, Israel, México, Chile, Costa Rica, Perú, Bolivia, Nicaragua, etc. Formou parte das máis importantes formacións europeas, como Royal Concertgebouw Orchestra e Rotterdam Philharmonic Orkest, entre outras, e no mundo da interpretación histórica como cello solista de l’Arpeggiata, EUBO Orquestra Barroca da Unión Europea, Arte dei Suonatori, Al Ayre Español, etc. e formado parte de Le Concert des Nations, Orchestra of the Age of Enlightenment (Inglaterra), compartindo escenario con Jordi Savall, Christina Pluhar, Fabio Bonizzoni, Enrico Onofri, Philippe Jaroussky, Lars Ulrich Mortensen, Nuria Rial, etc. E fóra da música antiga con Krzysztof Penderecki, Plácido Domingo, Jesús López Cobos, etc.

Interpretou concertos en Carnegie Hall (Nova York), Tokío Opera City e Yokohama Minato‐Mirai (Xapón), Teatro Nacional de China (Beijing), Concertgebouw (Ámsterdam), Royal Festival Hall e Wigmore Hall (Londres), Usher Hall (Edimburgo), Auditorio Nacional (Madrid), l’Auditori (Barcelona), CNART (México), etc.

Na actualidade, Josetxu toca un cello orixinal de 1740 construído por Sebastian Klotz.