Historia de Soldado – 8 de xuño

XLVII Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Sábado, 8 de xuño de 2019  – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

Historia do Soldado
de Igor Stravinsky

Mutatio Ensemble

Brian Rodríguez Cortiñas, director de escena

Anxo Manoel  como  Damián

Isa Herrero como Dánae

Germán Frasio como Leonardo

                       

Diego Segade Blanco, director musical

Florian Vlashi, violín

Todd Williamson, contrabaixo

Antonio Suárez Saavedra, clarinete

Steve Harriswangler, fagot

Alejandro Vázquez Lamela, trompeta

Eyvind Sommerfelt , trombón

José Belmonte Monar, percusión

 


Mutatio Ensemble

Mutatio ensemble é unha consecuencia da simbiose de tres disciplinas artísticas (música, cine e teatro), que coexisten nun novo espazo sonoro para conseguir unha ‘mutación’ do produto artístico orixinal.

Así pois, a intención do proxecto é aportar unha perspectiva nova e contemporánea das obras de música clásica, elaborando unha relectura que permita fomentar o diálogo e a retroalimentación entre as interpretacións/audiencias históricas e a nosa creatividade actual.

O noso xenoma estrutúrase en dous segmentos moi específicos: por un lado, unha análise rigorosa das obras en termos tanto musicais como históricos, traballando na súa totalidade e profundamente sobre o material derivado do seu momento de composición; e por outro, un espazo creativo no que realizar unha nova proposta que faga vivir esta mesma obra nun ecosistema diferente, máis preto e máis actual pero totalmente fiel ás súas orixes.

O obxectivo é á fin e ao cabo inducir ao oínte a preguntarse sobre os límites temporais da arte, para non velo como un elemento vitalmente efémero, se non como un ente capaz de transformarse, de mutar e de actualizarse. 

Diego Segade Blanco

Nacido en Lugo, realiza os seus estudos superiores de viola no  Conservatorio de Música do Principado de Asturias e de Máster en Interpretación Historicista na UAB e ESMUC. Ademais, recibiu clases de profesores da altura de Jesse Levine, Emil Cantor, Yizhak Schotten, etc.

Desenvolveu unha grande actividade musical con diversas formacións camerísticas como son o Ensemble Belle Epoque, Il Combattimento ou na actualidade o Ensemble Arriaga.  Colaborou coa Junge Philharmonie Thuringia, Radio International American Side, Joven Orquesta Nacional de España, Orquesta Sinfónica Ciudad de Gijón e a Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias, entre outras.

No ano 2014 accede no Conservatorio Superior de Música da Coruña aos estudos superiores de Dirección de Orquestra baixo a tutela de Fernando L. Briones e amplía a súa formación con Ros Marbá, Andrés Salado e Miguel Romea. Dirixiu a Orquestra 430 de Vigo na celebración da “Noite Branca” e colaborou como director asistente da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia e a Orquestra Gaos.

É cofundador do Festival de Música Clásica Son As Pontes e profesor de viola no CMUS Superior da Coruña.

Brian Rodríguez Cortiñas

Lugo, 1984. Guionista, realizador e editor de vídeo. Licenciado en Humanidades (USC), DEA en Literatura Comparada (USC) e Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais (UdV).

Dende 2013 forma parte do grupo teatral Microefectos Dramatúrxicos en calidade de director, escritor e pactor. Tamén dirixe e escribe curtametraxes (Cambio de especie, 2013; Italo Disco Death, 2014; De fiestuki con la peñuki, 2016 e Maullidos de látex, 2018; premio ao Mellor Guión no Festival RiR de Allariz e seleccionado para formar parte de Shorts From Galicia por parte de AGADIC).

Dende xaneiro de 2016 é co-coordinador e técnico audiovisual do proxecto educativo teatral e audiovisual A Lanterna Máxica. Tamén é un dos coordinadores do colectivo Cinerxias, comunidade audiovisual lucense.