Gabriela Montero – 7 de xuño

XLVII Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Venres, 7 de xuño de 2019  – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

Gabriela Montero

Piano

 

Programa:

F. Schubert (1797-1828) – 4 Impromptus D. 899, Op. 90

S. Rachmaninov (1873 – 1943) – Sonata nº 2

 ————————–

Improvisacións  sobre temas pedidos ao público

 


Gabriela Montero

 As visionarias interpretacións de Gabriela Montero e o seu extraordinario talento para a improvisación permitíronlle ganar devotos seguidores por todo o mundo. Nacida en Venezuela, Gabriela deu o seu primeiro recital aos 5 anos. Aos 8 anos fixo o seu debut con orquestra no seu Caracas natal, gañando por iso unha bolsa de estudos do Goberno para estudar en Estados Unidos de América. Continuou os seus estudos na Royal Academy of Music de Londres, graduándose cos maiores honores.

Recentemente destacan os recitais ofrecidos no Avery Fisher Hall, Kennedy Center, Wigmore Hall, Konzerthaus de Viena, Philharmonie de Berlín, Alte Oper de Fráncfort, Philharmonie de Colonia, Gewandhaus de Leipzig, Herkulessaal de Múnic, Sydney Opera House, Concertgebouw de Ámsterdan, Orchard Hall de Tokio, e nos Festivais de Edimburgo, Salzburgo, Lucerna, Ravinia, Tanglewood, Lugano, Saint-Denis, Aldeburgh, Istambul, etc.

Foi invitada a tocar con moitas das mellores orquestras do mundo, incluíndo as Orquestras Filharmónicas dos Ánxeles, Nova York, Liverpool, Rotterdam e Dresde, as Sinfónicas de Chicago, San Francisco, Houston, Pittsburgh, Detroit e Toronto, ou a da Gewandhaus de Leipzig. Gabriela é tamén célebre polo seu talento para compoñer obras novas en tempo real, invitando ao seu público a elixir temas sobre os que improvisar.

Foi tamén galardoada polas súas gravacións. En 2015 gañou o premio Grammy® Latino ao mellor álbum de música clásica: Rachmaninov: Piano Concerto No. 2 – Gabriela Montero: Ex Patria. O seu celebrado disco debut, Bach and Beyond, contiña as súas propias interpretacións sobre temas de Bach. Así mesmo gañou dous Echo Klassik Awards. En 2008 recibiu tamén unha candidatura aos Grammy® por Baroque. En 2012 concedéuselle o Rockefeller Award pola súa contribución ás Artes e en 2008 foi invitada a tocar na investidura presidencial de Barack Obama. Foi nomeada Cónsul Honoraria por Amnistía Internacional, e nomeada pola Human Rights Foundation, en recoñecemento ao seu compromiso pola situación dos dereitos humanos en Venezuela, e noutras partes do mundo.