Forma Antiqva – 25 de maio

XLVII Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Sábado, 25 de maio de 2019  – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

Forma Antiqva

Eugenia Boix, soprano

FORMA ANTIQVA

Aarón Zapico, clave e dirección
Alejandro Villar, frautas de pico
Jorge Jiménez & Pablo Prieto, violíns
Ruth Verona, violonchelo
Pablo Zapico, guitarra barroca

Rosa del ciel

Unha viaxe polas emocións do Barroco nun prólogo e cinco actos

PRÓLOGO – Venecia, principios de 1600

La Zorzi & La Zoppa (Affetti Musicali, Venecia 1617)
Biagio Marini, 1594 – 1663

Ritornello – “Dal mio Permesso amato” – Ritornello – “Io la Musica son” – Ritornello – “Io sù cetera d’or” – Ritornello – “Quinci a dirvi d’Orfeo” – Ritornello – “Hor mentre i canti alterno” – Ritornello (Orfeo, Venecia 1609)
Claudio Monteverdi, 1567 – 1643

ACTO I – Do desprezo

L’Infanta arcibizzarra (Il primo libro di canzone, sinfonie, fantasie…, Nápoles 1650)
Andrea Falconieri, 1585/6 – 1656

“Così mi disprezzate” (Primo libro d’arie musicali per cantarsi, Florencia 1630)
Girolamo Frescobaldi, ca. 1583 – 1643

Moresca (Orfeo, Venecia 1609)
Claudio Monteverdi

ACTO II – Da melancolía

Sinfonia (Il ritorno d’Ulisse in patria, Venecia 1640)
Claudio Monteverdi

Passacaglio (Per ogni sorte di strumento musicale diversi generi di sonate, da chiesa, e da camera, Venecia 1655)
Biagio Marini

Ritornello – “Disprezzata Regina” – Ritornello (L’Incoronazione di Poppea, Venecia 1643)
Claudio Monteverdi

ACTO III – Da batalla

Battaglia de Barabasso, yerno de Satanás (Il primo libro di canzone, sinfonie, fantasie…, Nápoles 1650)
Andrea Falconieri

Lagrime mie (Diporti di Euterpe, overo Cantate e ariette a voce sola, op.7, Venecia 1659)
Barbara Strozzi, 1619 – 1677

Galliard Battaglia (Paduana, galliarda, courante, alemande, intrada, canzonetto…, Hamburgo 1621)
Samuel Scheidt, ca. 1587 – 1654

ACTO IV – Do lamento

Lamento d’Arianna (Arianna, Venecia 1623)
Claudio Monteverdi

Ballo detto Pollicio (Canzoni overo sonate concertate per chiesa e camera, Venecia 1637)
Tarquinio Merula, 1594/5 – 1665

Si dolce è’l tormento (Quarto scherzo delle ariose vaghezze, Venecia 1624)

Claudio Monteverdi

 

ACTO V – Do perdón

Aria sopra “La Bergamasca” (Sonate, arie et correnti, Venecia 1642)

Marco Uccellini, ca. 1610 – 1680

Se l’aura spira (Primo libro d’arie musicali per cantarsi, Florencia 1630)

Girolamo Frescobaldi

Vi ricorda, o bosch’ombrosi (Orfeo, Venecia 1609)
Claudio Monteverdi

 


Forma Antiqva

 Centrado nos irmáns Pablo, Daniel e Aarón Zapico, Forma Antiqva é un conxunto de música barroca de formación variable que reúne aos intérpretes máis brillantes da súa xeración e que está considerado pola crítica como un dos conxuntos máis importantes da música clásica en España.

A súa fulgurante carreira inclúe concertos nos máis prestixiosos festivais e ciclos do país: Teatro Real, Auditorio Nacional de Música e Fundación Juan March de Madrid, L’Auditori e Palau de la Música Catalana de Barcelona, Palau de la Música de Valencia, inauguración das Tempadas de Ópera de Oviedo e Teatro Arriaga de Bilbao, Festival Internacional de Música e Danza de Granada, Festival Internacional de Música de Santander, Quincena Musical de San Sebastián, Semana de Música Relixiosa de Cuenca e o Teatro-Auditorio do Escorial.

A súa intensa axenda internacional levounos a grandes festivais e salas internacionais como a Frick Collection de Nova York, o York Early Music Festival do Reino Unido, o Ludwigsburger Schlossfestspiele, o Musikfestpiele Postdam e o Thüringer Bachwochen en Alemaña, o Van Vlaanderen en Bruxas (Bélxica) e o Camberra International Chamber Music Festival en Australia. Ademais, Forma Antiqva presentouse en diferentes salas e auditorios por todo o mundo.

A súa gravación en 2011 das Catro Estacións de Antonio Vivaldi foi cualificada pola crítica española e europea de «referencia» e, ao igual que o seu anterior rexistro Concerto Zapico, supuxo un éxito de vendas en gran parte de Europa. Artistas exclusivos dunha discográfica considerada de culto, a alemá Winter & Winter, todas as gravacións de Forma Antiqva recolleron o aplauso unánime de público e crítica: Supersonic de Pizzicato, Excepcional de Scherzo, Excelente de Ritmo, Prelude Classical Music Awards 2009, nomeamentos en 2010, 2011 e 2016 aos International Classical Music Awards ou o Premio ao mellor disco de música vocal barroca 2008/09 de CD Compact. A súa gravación discográfica Crudo Amor (2016) recibiu o selo Excepcional de Scherzo e o Premio GEMA 2016 á mellor produción discográfica. Concerto Zapico Vol. 2 saíu ao mercado en abril de 2018 e supón a continuación do seu proxecto de éxito para trío de 2010. En 2016 recibiu o Premio GEMA ao mellor grupo español na categoría de Barroco (s. XVIII) e Clasicismo.

 

Eugenia Boix, soprano

 Natural de Monzón é Premio Extraordinario no Conservatorio Superior de Salamanca. Realiza estudos de posgraduado na ESMUC de Cataluña e en Bruxelas.

Premio Montserrat Caballé. Semifinalista no concurso Operalia, organizado por Plácido Domingo. Interpretou Dido & Aeneas e The Fairy Queen de Purcell, Il Viaggio a Reims de G. Rossini, Carmen de G. Bizet, Pamina de W. A. Mozart, Das Rheingold de R. Wagner, Elisir d´amore de G. Donizetti e numerosos oratorios e recitais.

Realizou gravacións para a radio e a súa discografía inclúe: Responsorios de Tebras de T. L. de Victoria; Amor Aumenta o valor de José de Nebra; Canto da Alma de C. Galán; Misa Scala Aretina de F. Vallls; Música para o Rei Planeta, de J. Hidalgo e Música para dúas dinastías, de S. Durón entre outras moitas gravacións, recitais e concertos por todo o mundo.