29 de maio 2022

XLIX Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Domingo, 29 de maio de 2022  – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

 

Ensemble da Orquestra Sinfónica de Galicia

 Ezgi Alhuda, soprano

 Massimo Spadano, dirección

 

 
 
 
 
 
 

 

 

Ezgi Alhuda, soprano

Ensemble da Sinfónica de Galicia
Massimo Spadano, director e violín
Celine Landelle, arpa
María José Ortuño, frauta
Antonio Suárez Saavedra, clarinete
Carolina Cygan, violín
Luigi Mazzucato, viola
Raúl Miras, violonchelo

 

Programa:

Malcolm Arnold (1921 – 2006)

  • Fantasy para frauta e clarinete

Giuseppe Verdi (1813 – 1901)

(Arr. Gabriel Bussi)

  • Romanzas

André Caplet (1878 – 1925)

  • Conte Fantastique para arpa e cuarteto de corda

Richard Strauss (1864 – 1949)

(Arr. Gabriel Bussi)

  • Allerseelen op. 10 nº 8
  • Cäcilie op. 27 nº 2
  • Wiegenlied op. 41

Maurice Ravel (1875 – 1937)

  • Introdución e Allegro para arpa, frauta, clarinete e cuarteto de corda

Richard Strauss (1864 – 1949) 

(Arr. Gabriel Bussi)

  • Morgen op.27 nº 4
  • September (de Catro últimos Lieder)

 


Ezgi Alhuda

 Nacida en Turquía a soprano Ezgi Alhuda empezou as súas primeiras clase de canto con Boris Bakow na Universidade Mozarteum de Salzburgo. Despois, entrou na clase do solista de renome mundial do Teatro Estatal de Viena Ildiko Raimondi. Nos seguintes anos tamén tivo a oportunidade de desenvolver a súa arte e talento musical con destacados pedagogos e solistas como Thomas Quastoff, Francesco Araiza, Gemma Bertagnolli, Sara Eterno, a actriz Natalie Forester entre outros, e dar numerosos concertos de éxito en Turquía, Austria, Francia, Alemaña, Italia, e o Reino Unido.

Foi gabada pola cor única da súa voz, lixeireza en rexistros altos, interpretacións dramáticas, variedade, e o seu amplo repertorio. Foi aclamada pola súa poderosa coloratura dramática, con todo é igualmente recoñecida no seu país polo repertorio de coloratura lírica, Lied e Oratorio.

En 2016 gañou unha audición e foi posteriormente invitada a cantar no concerto de gala ‘Talentos Xoves’ en Izmir.

En 2017 cantou o papel de Nella na ópera de Puccini Gianni Schicchi e de Alcina na Alcina de Händel, ambas as dúas dirixidas por Gernot Sahler.

En 2018 foi invitada como solista polos teatros Gera e Altenburg para cantar o papel de Constanze no Rapto do Serallo de Mozart, baixo a dirección musical de Laurent Wagner.

En 2019 foi galardoada co Primeiro Premio e o Premio Especial á Mellor Soprano no Concurso Internacional de Voz María Labia en Malcesine, Italia.

En 2020 cantou Menica do compositor Martin y Soler Il Tutore burlato, en Valencia no Palau de les Arts Reina Sofía. Cantou como membro do coro Bach Chor e gañou valiosa experiencia co mestre Kiril Petrenko, interpretando na 8ª Sinfonía de Mahler. Tamén foi invitada a participar como estrela invitada no prestixioso Ball der Offiziere de Viena.

Durante a tempada 2020/2021 foi parte do Programa de Xoves Artistas no centro de perfeccionamento Plácido Domingo no Palau de les Arts Reina Sofía en Valencia.

Participou en moitos concertos e compromisos, incluíndo proxectos operísticos e un concerto con orquestra no Estate Musicale Frentana polo concerto de gala do 50 aniversario baixo a dirección do mestre Donato Renzetti en Lanciano, Italia e o concerto no MuTh de Viena.

Durante este ano, participou en varias clases maxistrais e recibiu consellos de directores de ópera, directores de orquestra e cantantes de renome mundial.

 

Massimo Spadano

Nacido en Lanciano Italia, é membro fundador das orquestras barrocas Camerata Anxanum en Italia, coa que colaborou para a investigación e edición de varios volumes de música barroca italiana, e da Camerata Boccherini en España. Dende 1994, é concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia e dende 1995 é director musical e artístico da Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia. En 2015 foi nomeado novo director titular da orquestra Acadèmia 1750.

Como solista, concertino ou director traballou coa Academy of Ancient Music, Cristofori Ensemble, la Chambre Philarmonique, Concerto Italiano, Les Concert des Nations, L’Ensemble Baroque de Limoges, Orfeo 55, Ensemble Zefiro entre outros… nos festivais e máis famosas salas de Europa, Oriente Medio, Asia, América do Sur e EUA. Gravou para Harmonia Mundi, Auvidis Astrée gañando un Choc Musique, Deutsche Grammophone e Sony.

Toca cun Joseph Albani do 1695 e un Joseph Contreras do 1755.