El Afecto Ilustrado – 3 de xuño

XLVII Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

luns, 3 de xuño de 2019  – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

El Afecto Ilustrado

Hugo Bolívar, contratenor

El Afecto Ilustrado
Adrián Linares, violín I e director
Laura Díaz, violín II
Víctor Gil, viola
Diego Pérez, violonchelo
Carlos Oramas, tiorba
Raquel García, clave

 

Programa:

Henry Purcell (1659-1695)

 Abdelazer Suite, Z570

 An Evening Hymn, Z193

The Cold song, de King Arthur, Z628

 Chaconne, Z730

 Dido’s lament, de Dido and Aeneas, Z626

 Curtain tune on a ground, de Timon of Athens, Z632

 ————————–

 Dido and Aeneas, Z626. Overture

 Here the deities approve, de Welcome to all the pleasures, Z339

Music for a while, Z583

 King Arthur Suite, Z628

 


El Afecto Ilustrado

 El Afecto Ilustrado nace durante o I Ciclo de Música Antiga da Catedral de Valencia no ano 2012. Concibido como un grupo de cámara innovador e versátil, a súa filosofía é presentar e achegar ao público unha interpretación historicista do repertorio comprendido entre os séculos XVII e XIX dunha forma próxima e tanxible.

O ensemble está integrado por profesionais que despuntan no panorama musical nacional e internacional. Os seus compoñentes, activos nos principais grupos do país, na docencia, ou na carreira solista, supoñen un compendio de ideas e ópticas que converten os proxectos de El Afecto Ilustrado en experiencias únicas e inspiradoras para o oínte.

​Con formatos de concerto pouco explorados, o obxectivo de El Afecto Ilustrado está baseado en presentar e difundir programas dun alto nivel de calidade interpretativa, precisión histórica e respecto ás fontes orixinais, froito dun proceso detallado de estudo e investigación musical e histórica.

 Hugo Bolivar, contratenor

O xove contratenor aragonés Hugo Bolívar estudou canto histórico con Marta Almajano na Escola Superior de Música de Catalunya e recibiu clases de Fabien Schofrin, Víctor Torres e Carlos Mena, entre outros. 

Canta regularmente con grupos españois como La Xantria, Coral de Cámara de Navarra, Vespres d’Arnadí, Orquestra Barroca de Barcelona, Capella de Ministrers ou La Grande Chapelle e fóra con L’Armonia degli Affetti en Suíza e con Rosso Porpora e Gambe di Legno Consort en Italia. Cantou en salas como o Teatro Real, L’Auditori de Barcelona, Casa da Música (Oporto) Palais des Beaux-Arts de Bruxelles (Bozar), TAP (Poitiers), Opéra de Vichy, Opéra de Reims, etcétera.

De entre as súas últimas gravacións cabe destacar a realizada para a Österreichischer Rundfunk do Oratorio per la Nascita del Redentore de G. Lulier, recentemente recuperado na Biblioteca Apostólica Vaticana. Proximamente verá a luz o seu novo traballo discográfico dedicado aos Lieder de C.P.E. Bach. No terreo operístico debuta no Teatro Real en 2012 con L’Orfeo, favola in música e cabe mencionar a súa recente participación na nova produción do Acis & Galatea Handeliano para o Festival Castell de Peralada