26 de novembro – Zoar Ensemble

Programa:

L.v. Beethoven: Variacións sobre “La ci darem la mano” do Don Giovanni de Mozart, WoO 28, para óboe, clarinete e fagot (1796)

 W. A. Mozart: Trio para clarinete, fagot e piano en mi bemol “Kegelstatt”, KV498 (1786) – (adaptación de Eugene Jancourt)

W. A. Mozart: Quinteto para piano e ventos en mi bemol maior  KV452 (1784)


ZOAR

Oboe: David Villa

Clarinete: Antonio Suárez

Trompa: Benjamín Iglesias

Fagot: Álex Salgueiro

Piano: Alicia González

Zoar é un conxunto de cámara estable e activo que traballa dende 2009. Medrou á procura dun estilo propio definido pola orixinalidade dos seus proxectos, un fermo compromiso coa nova creación, a colaboración con outros artistas e a realización de proxectos pedagóxicos de calidade con voluntade de achegar a súa actividade a todos os públicos.

Entre as colaboracións con outros artistas compre destacar proxectos con Monicreques de Kukas, co escritor Manuel Rivas, ou o beatboxer Carlos Vidal ‘Lytos’ no proxecto Windbox. No 2014 foron convidados como solistas á Orquestra Gaos e no 2015 ao VintEnsemble.

O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación do patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto a explorar máis aló do repertorio tradicional da música para conxuntos de ventos e a incorporar obras de compositores esquecidos, estreas de obras xa escritas pero nunca interpretadas ou gravadas, como neste caso Alevi dedeler raki masasinda do compositor e pianista turco Fazil Say, ou The Elephant and the Clown e La Fleur de Cayenne do recoñecido clarinetista Paquito d’Rivera. Ademáis teñen estreadas pezas de compositores como Gabriel Bussi, Juan Durán, José Luis Turina, Patrick van Deurzen así como encargas propias a Xabier Mariño, Óscar Álvarez, Federico Mosquera, Fernando Buide ou Óscar Navarro. A número de arranxos e adaptacións realizados polos propios membros da formación sobrepasa os 30.

Teñen actuado nos principais escearios galegos (Teatro Colón, o Teatro Rosalía o Centro Ágora ou o Palacio da Ópera na Coruña, o Teatro Jofre de Ferrol, o Círculo das Artes de Lugo, o Liceo de Ourense, o CGAC  e a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela) participando en acontecementos culturais da importancia como a entrega dos Premios da Cultura Galega, en sucesivas edicións das Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, no LVI Festival de la Ópera de A Coruña, no ciclo Enclave de Cámara de Ourense, no Ciclo de Outono do Museo de Belas Artes da Coruña, no Ciclo de Concertos Benéficos da Real Academia Galega de Belas Artes e nas tempadas das sociedades filarmónicas de Lugo,  A Coruña e Vigo. Fóra de Galicia fixeron recitais no Pais Vasco, Cataluña, Portugal  e Arxentina. No 2016 foron finalistas aos III Premios ‘Martín Códax’ da Música.

En 2016 presentaron o seu primeiro cedé “No vento” con música de Juan Durán publicado por Ouvirmos. Veñen presentar no 2017 unha doble publicación, de cedé e partituras, coa integral da música do compositor betanceiro Carlos López García-Picos.

CONCERTOS TEMPADA 2019-2020- copy

   

17 de xaneiro  –  Círculo das Artes –  20:00 h

Brentano String Quartet (USA) 

Beethoven 2020 (250 aniversario)
W. A. Mozart: Cuarteto de corda nº 18 en la maior, K464
L.v. Beethoven: Cuarteto de corda nº 5 en la maior, Op. 18 nº 5
L.V. Beethoven: Cuartetos de corda nº 12 en ni bemol maior, Op. 127

+ Info


25 de xaneiro – Círculo das Artes –  20:00 h

Orquestra Barroca Vigo 430
Pedro Castro, solista e director / Magna Ferreira, soprano               

A. Marcello: Concerto para óboe e orquestra en re menor
J. S. Bach: Cantata Weichet nur, betrübte Schatten BWV 202
G. Ph. Telemann: Suite para frauta e orquestra em la menor
J. S. Bach: Cantata Ich bin vergnügt mit meinem Glücke BWV 84

Ás 17:30h:  «Programa de antemán» no Salón de Columnas (charla divulgativa sobre o contido do concerto impartida por Teresa Adrán) 


15 de febreiro – Círculo das Artes de Lugo –  20:00 h

Rossane Philippens, violín e dirección

Orquestra Sinfónica Vigo 430

Beethoven 2020 (250 aniversario)
L.V. Beethoven: Concerto para violín en re M /  Sinfonía nº 2   

 


4 de marzo  – Círculo das Artes – 20:00 h

Giorgi Gigashvilli

Gañador do Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo 

Obras de Shostakóvich, Debussy, Scriabin, Beethoven, Liszt e Chopin      

 


16 de marzo  – Círculo das Artes – 20:00 h

Ensemble Trifolium

J. P. de Almeida: Un músico ilustrado en terras lucenses
J. P. de Almeida: Cuartetos op. 6  e op. 4 / L.v. Beethoven: Cuarteto op. 18 nº 6

     


21 de marzo – Círculo das Artes –  20:00 h

Lina Tur Bonet, dirección

Orquestra Barroca Vigo 430

 

Coro de Cámara Rías Baixas

Jesús Rodil (tenor, Evanxelista), Eugenia Boix (soprano), Albeerto Miguélez (contratenor), Pablo Carballido (tenor) e Pedro M. Tapia (barítono) 

J. S. Bach:  A Paixón segundo San Xoán

 

 


4 de abril  – Círculo das Artes – 20:00 h

Cuarteto Quiroga

Programa en preparación 

 

 


 25 de abril – Círculo das Artes –  20:00 h

Rimma Benyunova, violín / Dana Zemtsov, viola / Millán Abeledo, chelo &

Ensemble Vigo 430

F. Mendelssohn: Octeto en mi m / J. Brahms: Sexteto nº 2

 


14 de maio – Círculo das Artes –  20:00 h

Orquestra Sinfónica de Galicia

José Trigueros, director / María José Ortuño, frauta

Obras de C. Debussy, J. Ibert e F. Poulenc   

 


Concertos anteriores da tempada:


18 de outubro 2019  – Círculo das Artes – 20:00 h                                        

Real Filharmonía de Galicia       

Dmytro Choni, piano

Gañador do Concurso de piano Paloma O’Shea de Santander
F. Schubert: Obertura D. 590 / F. Chopin: Concerto para piano nº 2 / F. Mendelssohn: Sinfoniá nº 3 «Escocesa 
  ⇒ +info 

26 de novembro  – Círculo das Artes – 20:00 h

Zoar Ensemble

⇒ +info
L.v. Beethoven: Variaciones sobre La ci darem la mano / W. A. Mozart: Trío para clarinete, piano e fagot Kv. 498 / Quinteto para piano e vento Kv. 452       

 


7 de decembro  –  Círculo das Artes –  20:00 h

Vicente Antequera, barítono / Óscar Oliver, piano

F. Schubert: WINTERREISE                 

⇒ +info

 


Venda de entradas: oficinas do Círculo das Artes (horario: 17:00  a 20:00 h)


Colaboran: