Concertos Tempada 2024 / 2025

14  de febreiro 2025 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Real Filharmonía de Galicia

Amandine Beyer, violín e directora

  • Marianne von Martínez: Sinfonía en Do maior 
  • Maddalena Lombardini: Concerto para violín nº 3 en La maior, Op. 3
  • F. X. Richter: Sinfonía con fuga en Sol menor, Op. 7

 

 

 

 

 

 

 

 

+ INFO

Venda de entradas para non socios:  Oficinas do Círculo das Artes
Entradas para non socios: 20 €
Entradas estudantes: 5 €* (*menores de edad entrada gratuita)
Pódense reservar entradas escribindo a: [email protected] (A reserva non é obligatoria)
Alta de socios e información tamén en: [email protected]
Descarga aquí o formulario de alta de socios e envíao a [email protected]

 

 


22 de febreiro 2025 – Círculo das Artes –  20:00 h      

Banda Filharmónica de Lugo

Javier Viceiro, director

  • James Barnes: Sinfonía nº 2 
  • Juan Durán: Cervantina  (Transc. Javier Viceiro)
  • Yosuke Fukuda: Danzas Sinfónicas

 

 

 

 

 

 


15 de marzo de 2025 – Círculo das Artes –  20:00 h

Filarmónica Km. O

Gañador do Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira 2024 (CMUS Xoán Montes de Lugo):

Iago López Núñez, frauta  &  Ensemble Filharmónica

  • W. A. Mozart: Cuarteto con frauta en Re maior nº 1, K. 285
  • Bohuslav Martinu: Trío para frauta, violoncello e piano H.300
  • Antonin Dvorak: Cuarteto de cordas en Fa maior, Op. 96 «Americano»

 

 

 

 

 

 

 

 

 


22 de marzo 2025 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Orquestra Sinfónica Vigo 430

J. L. López Antón, director  

Sonoko Miriam Welde, violín

  • F. Mendelssohn: Concerto para violín en Mi menor, Op. 64
  • J. Brahms: Sinfonía nº 2

 

 

 

 

 

 

 

 


29 de marzo 2025 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Orquesta Sinfónica de la Universidad de Oviedo

Pedro Ordieres, director 

  • W. A. Mozart: Abertura de Don Giovanni
  • W. A. Mozart: Sinfonía concertante para violín, viola e orquestra en mi bemol mayor, K. 364
  • Frederick Delius: Florida Suite

 

 

 


26  de abril de 2025 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Cuarteto Quiroga

“Das Heilige Tonart” / «A tonalidade Santa” 

  • W. A. Mozart: Cuarteto de corda Op. 10, nº 3 en Mi bemol maior, K. 428
  • L.v. Beethoven: Cuarteto de corda Op 127 en Mi bemol maior

 

 

 

 

 

 

 

 

 


8  de maio 2025 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Miyu Shindo (piano)

1º Premio do VII Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo (2023) 

  • Obras de Frédéric Chopin

 

 

 

 

 

 

 

 


6 de xuño de 2025 – Círculo das Artes –  20:00 h

Orquestra Sinfónica de Galicia

Roberto González-Monjas, violín e director 

  • W. A. Mozart:  Concerto para violín nº 1 en mi bemol maior, K 207
                   Rondó en si bemol maior K 269
                   Rondó en do maior, K 373
                   Concerto para violín nº 5 en la maior, K 219  

 

 

 

 

 

 

 

 


Concertos anteriores na Tempada:


    


26 de outubro 2024 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Ensemble Praeteritum Sinfónico

Pablo Suárez Calero, violín e concertino 

  • J. Brahms: Abertura para un festival académico, Op. 80
    L. v. Beethoven: Concerto para violín en re maior, Op. 61
    J. Brahms: Sinfonía nº 1, Op. 68

 

 

 

 

 

 

 

 


28  de novembro 2024 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Diana Cooper (piano)

1º Premio do VI Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo (2022) 

  • Obras de L. v. Beethoven, R. Schumann e F. Chopin

 

 

 

 

 

 

 

 


6  de decembro 2024 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Real Filharmonía de Galicia

Nil Venditti, directora

Noelia Rodiles, piano

  • L. v. Beethoven: As Criaturas de Prometeo, Op. 43 (Abertura)
  • W. A. Mozart: Concerto para piano nº 12 en La maior, KV 414
  • Marianne von Martínez: Concerto para piano en La maior
  • F. Schubert: Sinfonía núm. 2 en Si bemol maior, D 125

 

 

 

 

 

 

 

 

 


25 de xaneiro 2025 – Círculo das Artes – 20:00 h     

Orquestra Sinfónica Vigo 430

Aarón Zapico, director  

Anastasia Makhamendrikova, piano

  • W. A. Mozart: Concerto para piano nº 21
  • W. A. Mozart: Sinfonía nº 38 «Praga»

 

 

 

 

 

 

 

 


Colaboran:

 

 

 

 

 


   

 

14 de febreiro: Real Filharmonía de Galicia

Real Filharmonía de Galicia

Amandine Beyer, violín e directora

  • Marianne von Martínez: Sinfonía en Do maior 
  • Maddalena Lombardini: Concerto para violín nº 3 en La maior, Op. 3
  • F. X. Richter: Sinfonía con fuga en Sol menor, Op. 7

 

Amandine Beyer

Dende hai xa algúns anos Amandine Beyer é recoñecida como unha referencia na interpretación do repertorio barroco para violín. A súa gravación das sonatas e partitas de J. S. Bach, foi recibida como unha revelación pola critica (Diapason d’or de l’année, Choc de Classica de l’année, Editor’s choice de Gramophone, Prix Academie Charles Cros, Excepcional de Scherzo….). O seu traballo sobre estas obras continúa co espectáculo Partita 2, coreografiado e bailado por Anne Teresa de Keersmaeker e Boris Charmatz.

Habitual das máis importantes salas e festivais do mundo enteiro (Théatre du Chatelet, Festival de Sablé, Innsbruck Festwochen, Konzerthaus de Viena…), a súa actividade musical divídese entre os diferentes grupos nos que participa: Les Cornets Noirs, os dúos con Pierre Hantaï, Kristian Bezuidenhout ou Laurence Beyer e o seu propio grupo Gli Incogniti, co que gravou varios discos (Apothéoses de F. Couperin, Concerti Grossi de Corelli, Catro Estacións de Vivaldi, Nicola Matteis…). Estes discos obtiveron o apoio unánime da crítica internacional.

A súa outra paixón é a ensinanza tendo sido profesora na ESMAE de Porto (Portugal), así́ como en clases maxistrais por todo o mundo (Francia, Italia, España, Brasil, Taiwán, EUA, Canadá). Dende 2010 é profesora de violín barroco da Schola Cantorum Basiliensis en Suíza.

Amandine Beyer foi nomeada por REMA como Embaixadora do Día da Música Antiga 2023.

 

Marianne e Maddalena

 Poucas persoas tiveron en Viena a exquisita educación de Marianne von Martinez, procurada polo seu pai. Alumna de Haydn e promotora de Mozart, a Sinfonía en do maior amosa a xenialidade dunha compositora cativadoramente clásica. Excepcional e atípica foi tamén a traxectoria da veneciana Maddalena Lombardini: violinista, cantante e compositora. Alumna predilecta do violinista Tartini e eloxiada por Leopold Mozart, ela mesma interpretou por toda Europa a súa música, na que o Concerto para violín núm. 3 ocupa un lugar privilexiado. Dotado dunha escritura violinística moi virtuosa, o concerto será interpretado por Amandine Beyer, na súa dobre faceta de directora e violín solista. A Sinfonía con fuga en sol menor é un exemplo temperán da mestría do compositor František Xaver Richter neste xénero (o da fuga), do que escribiu un tratado co que se formarían as seguintes xeracións de compositores centroeuropeos.

De orixe española e alemá, Marianne von Martínez ou Mariana Martínez, naceu en Viena o 4 de maio de 1744. O seu pai, Nicolo Martínez, nacera en Nápoles pero tiña ascendencia española. A súa nai, Maria Theresia, era de orixe alemá. A principios da década de 1730, a parella instalouse en Viena, onde Nicolo foi contratado como mestre de cámara para o nuncio papal na capital austríaca. No edificio no que Mariana naceu e creceu na Michelerplatz de Viena, uns ilustres veciños descubrirían e potenciarían o seu talento para a arte. Tanto o poeta Pietro Trapassi, coñecido como Metastasio, como os compositores Nicola Porpora e un xove Joseph Haydn, ensinaron á pequena Marianne a tocar e compoñer. Tanto estes ilustres inquilinos como outros compositores reputados da cidade imperial fixeron da rapaza unha intérprete famosa no seu tempo que axiña empezou a deleitar aos membros da corte sendo unha das favoritas da emperatriz María Teresa.

En 1773 era admitida na Academia Filharmónica de Bolonia. Ao longo da súa vida, Marianne compuxo sinfonías, sonatas, concertos e pezas relixiosas.

Cando en 1782 faleceu Metastasio, o poeta deixoulles a ela e á súa irmá unha ampla herdanza que lles permitiu vivir folgadamente o resto dos seus días. O seu fogar converteuse en centro de reunión de artistas no que se deron cita compositores da altura de Mozart e Beethoven. E por suposto Haydn, o seu mestre e admirador que a alcumou a “pequena española”.

O 9 de decembro de 1745 nacía Maddalena Lombardini, violinista e compositora veneciana do período clásico que colleitou grandes éxitos por Turín, París e Londres. Alí as criticas gaban o seu virtuosismo na dinámica, que sempre se axustaba á tradición clásica. Publicou as súas composicións en Francia, Inglaterra, Países Baixos, Alemaña e Austria mentres viviu. De familia nobre vida a menos, estuda violín en San Lazzaro dei Mendicanti, hospicio onde se lle concede permiso para estudar co virtuoso violinista Giuseppe Tartini.

Á idade de vinte e un anos, Lombardini recibe a súa licenza de mestra no orfanato. Como única forma para conseguir saír do hospicio e poder seguir unha carreira musical fóra de Venecia, casa con Ludovico Sirmen. Maddalena Lombardini pronto estableceu a súa reputación como unha das mellores e máis famosas violinistas e compositoras que se ensinaran nun orfanato veneciano. Ambos os dous viaxaron a Turín e París, alí actuaron e publicaron as súas composicións. Despois disto Ludovico Sirmen regresou a Rávena coa filla de ambos e Maddalena viaxou a Londres, onde interpretou as súas propias composicións, deu concertos de violín e clavicordio, e actúo como membro da orquestra de ópera italiana. Maddalena regresou a Venecia aos 52 anos. Escribiu música para violín e orquestra de corda, tamén escribiu cuartetos, dúos…

Frantisek Xaver Richter, nacido na cidade morava de Holešov. Estudou composición en Viena co lendario compositor, teórico da música e pedagogo musical austríaco, Johann Joseph Fux, autor do tratado de contrapunto máis completo do seu tempo, e posteriormente perfeccionou os seus coñecementos de música en Italia. Foi un dos integrantes máis importantes da Escola de Mannheim, xunto a Johann Stamitz, Johann Christian Cannabich, Ignaz Jacob Holzbauer e Johann Schobert. Incorporou á orquestra de Mannheim en 1747 e onde se desempeñou durante 22 anos como violinista, cantante e máis tarde tamén como compositor de obras de cámara da orquestra da corte do Elector Palatino local. Dende 1769 ata  a súa morte foi director musical na catedral de Estrasburgo. Alí tiña baixo o seu mando a 20 cantantes e unha orquestra integrada por 40 músicos e puido dedicarse á composición do xénero musical que máis valoraba, a música sacra.

Ademais de compositor e intérprete, Richter foi un excelente pedagogo musical. Entre os seus alumnos figuraron músicos checos que máis tarde conquistarían fama europea e mundial, como Karel Stamic, Joseph Martin Kraus ou František Xaver Pokorný​.

Foi un compositor moi laborioso e frutífero. Non obstante, conservouse só unha parte da súa obra. Escribiu un oratorio, La Deposizione della Croce (1748), 28 misas, dous réquiems, ​ numerosos motetes e salmos, 69 sinfonías e música de cámara.