Accademia del Piacere – 9 de xuño

XLVI Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Sábado, 9 de xuño de 2018 – Círculo das Artes, 20:30 h

 

Accademia del Piacere

Nuria Rial, soprano

Fahmi Alqhai, viola da gamba & dirección 

 

 

Muera Cupido

A tradición da música teatral en España ao redor de 1700

 

 

Nuria Rial, soprano

ACCADEMIA DEL PIACERE

Rodney Prada, viola da gamba soprano

Johanna Rose, viola da gamba

Rami Alqhai, violón

Javier Núñez, clave

Fahmi Alqhai, viola da gamba soprano & dirección musical

 

 

Programa:

Sinfonía da comedia “Muerte en Amor es la Ausencia

 Sebastián Durón (1660-1716) – Reconstrución: Fahmi Alqhai

 

Yo hermosísima Ninfa

deEl imposible mayor en amor le vence Amor

Atribuída a Sebastián Durón e a José de Torres (ca. 1670-1738)

 

Quantos teméis al rigor

deLas nuevas armas de Amor

Sebastián Durón

 

Xácaras & Folías

Improvisación

 

Sosieguen, descansen

Solo humano, deSalir el Amor del Mundo

Sebastián Durón

 

Cantada “All’assalto de pensieri

Anónimo

 

 

Fandango de España – Tempestad grande

José de Nebra (1702-1768)

 

Marionas

Fahmi Alqhai

 

Pastorella che tra le selve

Giovanni Bononcini (1670-1747)

 

Adiós, prenda de mi amor

deAmor aumenta el valor

José de Nebra

 

No, que quiere mi pena

deDonde hay violencia no hay culpa

José de Nebra

 

Concepción, arranxos e adaptación do programa: Fahmi Alqhai
Asesoría musicolóxica: Álvaro Torrente e José María Domínguez

 

 


ACCADEMIA DEL PIACERE

A valentía dos seus innovadores proxectos e a forte personalidade artística do seu director fixeron de Accademia del Piacere o grupo de vangarda da música antiga española e un dos punteiros en Europa, grazas á súa concepción da música histórica como algo vivo, cheo de emocións que os seus músicos interiorizan como propias e transmiten ao espectador.

Nas súas gravacións para Alqhai & Alqhai e Glossa, Accademia del Piacere revelou novos matices en repertorios fundamentais da música histórica como o Seicento italiano, a música española do Renacemento (Rediscovering Spain) ou a escénica do Barroco hispano (Cantar de Amor, dedicado a Juan Hidalgo), e recibiu por iso recoñecementos como o Choc de Classica (Francia), o Prelude Award (Holanda) e o premio GEMA ao Mellor Grupo Barroco español en 2016. Accademia e Alqhai sorprenden ademais visitando territorios artísticos alleos ao historicismo, como nas idas e as voltas, xunto ao cantaor flamenco Arcángel, Giraldillo á Mellor Música da Bienal de Flamenco de Sevilla 2012.

Accademia del Piacere actuou nos escenarios máis prestixiosos da música clásica europea e mundial, como a nova Elbphilharmonie de Hamburgo, el Konzerthaus de Berlín e o de Viena, a Philharmonie de Colonia, a Fundação Gulbenkian de Lisboa, o Auditorio Nacional de Madrid e outros moitos de Holanda, México, Colombia, Francia, EUA, Xapón, Bélxica, Alemaña, Suíza, España, etc.

 

NURIA RIAL, soprano

Nuria Rial estudou canto e piano na súa Cataluña natal, e posteriormente continuou estudos na Music Academy de Basilea (Suíza) co profesor Kurt Widmer. En 2003 recibiu o Preis der Helvetia Patria Jeunesse Stiftung da Pro Europa- European Foundation for Culture polos seus logros excepcionais como cantante. Actuou nos principais festivais de Europa, e colabora con directores tales como Ivan Fischer, Sir John Eliot Gardiner, Paul Goodwin, Trevor Pinnock, Howard Griffiths, Gustav Leonhardt, René Jacobs, Thomas Hengelbrock, Laurence Cummings, Neville Marriner e Teodor Currentzis, e con conxuntos como Concerto Köln, The English Concert, Kammerorchester Basel, Collegium 1704, Il Giardino Armonico, Les Musiciens du Louvre, Elbipolis Barockorchester, Le Cetra Basel, L’Arpeggiata e Festival Lucerne Strings.

No campo da ópera participou como solista en importantes producións de moitos dos teatros europeos máis destacados, como Eliogabalo de Cavalli (no papel de Eritea) no Théâtre de la Monnaie de Bruxelas dirixida por René Jacobs; L’Orfeo de Monteverdi (Euridice) na Staatsoper Unter den Linden de Berlín con René Jacobs e no Grand Théâtre de Xenebra con Giovanni Antonini; e A frauta máxica de Mozart (Pamina) no Theatre Carlo Felice de Génova. Rial interpretou con frecuencia música barroca con criterios históricos, ademais de se interesar por outros estilos: así, en 2012 interpretou o papel de Nuria na ópera contemporánea Ainadamar de Golijov para o Teatro Real de Madrid, dirixida por Peter Sellars. En 2015 e 2016 volve cantar Pamina coa Budapest Festival Orchestra, dirixida por Ivan Fischer.

Intérprete tamén de música de cámara, Rial adoita actuar con conxuntos como Il Pomo d’Oro, Café Zimmermann e o Nash Ensemble.

 

FAHMI ALQHAI

Fahmi Alqhai é hoxe considerado un dos máis importantes intérpretes de viola da gamba do mundo, e un dos maiores renovadores da interpretación da música antiga, grazas á súa concepción arriscada, persoal e comunicativa do achegamento aos repertorios históricos.

Nacido en Sevilla en 1976 de pai sirio e nai palestina, formouse en Sevilla e Suíza (Schola Cantorum Basiliensis e Conservatorio della Svizzera Italiana de Lugano) cos profesores Ventura Rico, Paolo Pandolfo e Vittorio Ghielmi. Traballou para conxuntos e directores de primeiro nivel (Jordi Savall, Ton Koopman, Pedro Memelsdorff, Uri Caine…).

Focalizada xa a súa carreira cara á súa vertente solista e o seu conxunto, Accademia del Piacere, Fahmi Alqhai dirixiu innovadoras gravacións para Glossa (Rediscovering Spain, Cantar de Amor…) que recibiron importantes recoñecementos a nivel mundial, mesmo fóra do ámbito das músicas históricas, como o Giraldillo á Mellor Música da Bienal de Flamenco de Sevilla 2012 por As idas e as voltas – o seu cuarto CD -, xunto ao cantaor Arcángel, e o Giraldillo 2016 á Innovación por Diálogos, xunto a Rocío Márquez.

En 2014 Alqhai presenta o seu primeiro CD a solo, A piacere, cuxa renovadora concepción da viola da gamba recibe unha excelente acollida en toda Europa. Para a revista británica Gramophone é un disco “extraordinario” que “leva a viola da gamba a un novo terreo de gozoso potencial”, e “un feliz tributo a todo o que a viola puido ser, e pode aínda ser”. Con el xira por Xapón e EUA, tras dirixir a Accademia del Piacere nas salas de concerto máis importantes do mundo, como o Konzerthaus de Viena e o de Berlín, a nova Elbphilharmonie de Hamburgo, a Philharmonie de Colonia (Alemaña), a Fundación Gulbenkian de Lisboa (Portugal), o Auditorio Nacional de Madrid (España) e moitos outros escenarios de Holanda, México, Colombia, Suíza, Francia, Italia… En 2016 presenta o seu traballo máis persoal como solista, The Bach Album, para o selo Glossa, Disco Excepcional para Scherzo.

Dende 2009 é director artístico do FeMÀS, Festival de Música Antiga de Sevilla.