28 de maio 2024

51 Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Martes, 28 de maio de 2024  – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

 

François Dumont

Piano

 

 

 

 

 

 

 

Programa: 

 

Johann Sebastian Bach (1685-1750)

 Concertó Italiano, BWV 971

  Allegro

  Andante

  Presto

  

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)

 Sonata para piano nº 10 en Do Maior, K 330

   Allegro moderato

  Andante cantabile

  Allegretto

   

Johann Sebastian Bach / Franz Liszt (1811-1886)

 Preludio e fuga en la menor, BWV 543

 

———————————————-

   

Frédéric Chopin (1810-1849)

Largo (Variación sobre «A marcha dos puritanos» de Bellini)

 Fantaisie-Impromptu, Op. 66

 Barcarola en fa sostido maior, Op. 60

 Impromptu nº 1, Op. 29

 Nocturno nº 13, Op. 48, nº 1

 Balada nº 1 en sol menor, Op. 23

 Nocturno en mi bemol maior, Op. 9,  nº 2

 Balada nº 3 en la bemol maior, Op. 47


 

François Dumont

A carreira internacional do pianista francés François Dumont comezou cos seus premios nos Concursos Internacionais de Piano Chopin, Queen Elisabeth, Clara Haskil e Monte Carlo.

Entre os seus recentes compromisos destacar que François acaba de debutar no mítico Musikverein de Viena. As súas actuacións máis relevantes desta tempada incluirán a interpretación de Totentanz de Liszt coa orquestra National de France, dirixida por François-Xavier Roth e un programa de Chopin no Teatro dos Campos Elíseos de París.  Leonard Slatkin elixiu a Dumont como solista para gravar os dous Concertos para piano de Ravel coa Orquestra Nacional de Lyon, que foi editado no selo Naxos con grande aclamación por parte da crítica.

Dumont actuou como solista con orquestras de todo o mundo como a Orquestra do Teatro Mariinsky, a Filharmónica Nacional de Varsovia, as Sinfónicas de Cleveland e Tokio. Numerosas actuacións en solitario levárono, entre outros, aos festivais de Chopin en París, Nohant, Xenebra, Festival Internacional da Roque d’Anthéron, Piano aux Jacobins en Toulouse e no Kennedy Center de Washington. Tamén é invitado regularmente a China, Xapón e Corea do Sur.

A súa discografía inclúe as Sonatas completas de Mozart, a música para piano completa de Ravel, Tríos completos de Beethoven e Schubert, tres álbums dedicados a Chopin e dous a Bach. Gravou os Nocturnos de Fauré en piano de época e está gravando os concertos completos de Mozart coa Orquestra Nacional de Bretaña, dirixindo dende o teclado.

A música de cámara é unha parte importante da vida musical e as actuacións de Dumont. Adoita colaborar con Sayaka Shoji, Marc Coppey, Augustin Dumay, Laurent Korcia, os cuartetos Prazak e Voce, e explora o repertorio de Lieder coa súa esposa, a soprano Helen Kearns.

Moi involucrado na música contemporánea, François Dumont colabora activamente con compositores como Bacri, Dusapin, Finzi, Lacaze, Murail ou Tanguy.

Nacido en Lyon, estudou con Pascale Imbert, Chrystel Saussac e Hervé Billaut. Ata que aos catorce anos ingresou no Conservatorio Nacional Superior de Música de París e estudou con Bruno Rigutto. Posteriormente estudou no prestixioso Instituto Internacional de Piano Academy Lake Como e a Fundación Lieven Piano con artistas como Dmitri Bashkirov, Leon Fleisher, Murray Perahia, Fou Ts’ong e William Grant Naboré.

François Dumont é profesor de piano na Haute-Ecole de Musique de Xenebra / Neuchâtel, e é invitado regularmente a clases maxistrais en Europa e Xapón.  

 

Notas

Publicado en 1835, o Concerto italiano mostra a mestría de Bach á hora de asimilar o estilo italiano, representado por compositores como Vivaldi, do que transcribiu o Concerto para catro violíns, á súa propia linguaxe polifónica. Bach utiliza os dous teclados do clavecín para imitar os contrastes entre solo e tutti, e o movemento lento do Concerto Italiano é unha das melodías máis elocuentes e infinitamente ornamentadas xamais escritas.

As obras de Bach inspiraron a numerosos compositores que transcribiron as súas obras. A maxistral transcrición para piano de Liszt do Preludio e Fuga en la menor para órgano é un exemplo da reverencia de Liszt por Bach, así como unha poderosa exploración das sonoridades e posibilidades do piano.

A sonata K.330 de Mozart publicouse no verán de 1784, xunto con outras dúas sonatas. Esta sonata é un milagre de equilibrio, beleza de formas, limpidez de inspiración. A súa aparente sinxeleza non debe ocultar a gran sofisticación de moitos detalles, con sutís cambios harmónicos. O momento máis conmovedor é a parte media do movemento lento, onde Mozart cambia de tonalidade maior a menor. Este episodio meditativo, levado por notas repetidas na man esquerda, é extraordinariamente expresivo, pero interior.

Bach e Mozart foron os dous compositores que máis admiraba Chopin. Todos os días estudaba O teclado ben temperado de Bach e, aínda que non interpretou a Mozart, as súas obras representaban un ideal de equilibrio e graza. Pódense relacionar os consellos de Mozart sobre como interpretar movementos lentos, cunha man esquerda firme e unha man dereita cantando libremente, coa propia concepción do rubato de Chopin.

Os nocturnos, impromptus e baladas foron xéneros específicos case inventados por Chopin; polo menos el os levou ao seu apoxeo, co bel canto pianístico dos nocturnos, o virtuosismo caprichoso dos impromptus e o carácter épico e narrativo das baladas. A Barcarola, un gran nocturno, é unha das obras máis visionarias de Chopin, con enriquecidas harmonías cromáticas que abren o camiño a Debussy e Wagner.

               François Dumont