26 de maio 2024

51 Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Domingo, 26 de maio de 2024  – Capela de Santa María, 19:30 h

 

Son de Corda

Esperanza Iglesias, soprano
Carmen Prendes, contralto
Fernando G. Jácome, tenor
Antón Castro, baixo

Sara Ruiz, viola da gamba
Rafael Muñoz, arquilaúde
Nicolás Varela Garcia, órgano

Uxía Vázquez, actriz

 
 
 
 
 
 

 

Programa:

O mérito das mulheres

Vittoria Aleotti (1575 ca. – 1640 ca.)

Ghirlanda de Madrigali a 4 voci (1593)

            Hor che la vaga aurora

            Baciai per aver vita

 

Riccardo Rognoni (ca. 1550 – 1620)

Ancor che col partire

 

Vittoria Aleotti (1575 ca. – 1640 ca.)

Ghirlanda de Madrigali a 4 voci (1593)

            Dicesti anima mia

            O dolc’eterno amore

            Io dal sofferto foco

 

Francesca Caccini (1587-1641)

Il primo libro delle musiche (1618)

Dispiegate guancie amate

 

Giovanni Girolamo Kapsberger (c. 1580 – 1651)

Toccata sesta per liuto

 

Francesca Caccini (1587-1641)

Il primo libro delle musiche (1618)

Chi desia di saper che cosa è amore

 

Maddalena Casulana (1544 ca. – 1590 ca.)

Il secondo libro de madrigali a quatro voci (1570)

O notte O cielo O mar

Canzona

Cinta di fiori un giorno (prima parte)

Gli occhi lucenti (seconda parte)

La dea che nel mar nacque (terza parte)

Io felice pastore (quarta parte)

Per lei pos’ in oblio (quinta et ultima parte)

 

Claudia Sessa (1570 ca. -1617 ca. )

Canoro Pianto di Maria Vergine sopra la faccia di Christo Estinto (1613)

            Sopra gli occhi

            Sopra le orecchie

 

Francesca Caccini (1587-1641)

Jesu corona Virginum

 

Vittoria Aleotti (1575 ca. – 1640 ca.)

Ghirlanda de Madrigali a 4 voci (1593)

            Mentre l’ardite labbia

            Ahi che per altro

            Amor mio, perchè piangi?

            Ch’io non t’ami cor mio

            O dolc’anima mia

 


 

 

O mérito das mulheres

Giuseppe Passi escribiu en Venecia, a finais do século XVI, un libro titulado “Diffeti delle donne” (Defectos das mulleres), un texto misógino que recolle os estereotipos de xénero da sociedade veneziana da época. Moderata Fonte, escritora e filósofa pseudónimo de Modesta Pozzo (1555 – 1592), ao ler o manuscrito decidiu escribir a xeito de réplica “Il merito delle donne“ (O mérito das mulleres) o que foi o primeiro documento escrito por unha muller facendo apologia da muller. Finalmente o libro de Passi foi publicado no 1599 e un ano máis tarde, postumamente, apareceu na prensa a réplica que escribira Moderata Fonte en defensa das mulleres.
Partindo do texto de Fonte, traducido ao galego para este concerto por Sonia Fernández, a actriz María Garat elaborou unha dramaturxia que tamén interpreta e que usaremos como fío condutor para mostrar a obra musical de mulleres italianas, contemporáneas de Moderata Fonte, compositoras de indubitável mérito.
Vittoria Aleotti (Ferrara,? 1575- despois do 1620), moza compositora e organista, publicou no 1593, con preto de 18 anos un libro de madrigais “Ghirlanda de Madrigali a 4 voci” do que damos boa mostra no concerto. Non se sabe con certeza se Vittoria Aleotti e Rafaella Aleotti son dúas irmás ou se Vittoria é a mesma persoa que a monxa Raffaella que mudara de nome tras tomar os hábitos. En todo o caso parece posíbel que sexan a mesma persoa, e sinalamos como mérito especial de Raffaella o ser a primeira muller a quen se lle publicou música relixiosa na prensa.
Outra compositora, de máis nomeadamente coñecida do grupo, é Francesca Caccini (1587-despois de 1641) foi unha compositora, cantante, alaudista, profesora de música e poeta de Florença a quen lle recoñecemos o mérito polo seu carácter de precursora ao ser a súa obra “La liberazione di Ruggiero” a considerada como a ópera máis antiga dunha compositora.
E o mérito de ser a primeira muller que viu a súa obra publicada no prelo corresponde a Maddalena Casulana (c.1544 – †1590). Esta compositora, alaudista e cantante, polo seu apelido parece nacer en Casole d’Elsa, preto de Siena. Unha mostra do seu segundo libro de madrigais poderá ser escoitado aquí. Na dedicatória do seu primeiro libro de madrigais publicado en Venecia dirixida a Isabel de Médicis, escribe Casulana “Desexo mostrar ao mundo, tanto canto podo nesta profesión musical, a vaidade errónea de que só os homes posúen os dons da arte e do intelecto, e que eses dons nunca son dados ás mulleres.”
Finalmente, Claudia Sessa (1570 – c.1617) foi unha compositora italiana, freira no convento de Santa María Annunciata en Milán. Foi recoñecida como cantante, instrumentista e compositora, alén da súa virtude monástica. San coñecidas dúas das súas obras, publicadas en 1613, que presentamos neste concerto.
En medio deste universo feminino, dúas pequenas obras de dous compositores masculinos: Riccardo Rognoni (ca. 1550 – 1620) e Giovanni Girolamo Kapsberger (c. 1580 – 1651), que asoman neste concerto como contemporáneos destas mulleres que transitaron o inicio do barroco no paso dos séculos XVI a XVII, activos un en Milán, outro en Venecia.

© Son de Corda

 


Son de Corda

O cuarteto vocal Son de Corda é unha formación lucense, relativamente nova, que ten vocación de facer tanto música a capella coma con acompañamento instrumental.

Piar básico do cuarteto é o de ter un amplo repertorio lusófono e, para iso, están en contacto con compositoras/es e arranxistas, co fin de “actualizar” a nosa música medieval, tradicional e de autor/a. Mostra disto é a recente estrea de “Cartas alén” no Vello Cárcere de Lugo.

Son de Corda colabora con outras formacións musicáis coma o Concentus Lucensis co cal, recentemente, deu varios concertos nas cidades italianas de Saronno, Piacenza e Milán e Lugano (Suíza), baixo a batuta de Stefano Molardi e Giulio Mercati. Asímesmo,  participa activamente en diversos ciclos de música coma o Ciclo de Música Sacra “O son de Santa Maria”, en Vilabade (Castroverde), compartindo programa co organista italiano Giulio Mercati ou o Ciclo Músicas no Camiño Primitivo, coa formación Díese Ensemble.

Entre o seus últimos traballos, cabe destacar o proxecto  “Na casa Deles…”, presentado en diversos escenarios da provincia de Lugo e do resto de Galicia, colleitando éxito e moi boa crítica.

Cabe sinalar que, meirande parte do diñeiro recadado nas actuacións de Son de Corda é reinvestido na creación de novo repertorio musical en galego.

Esperanza Iglesias, soprano.

Esperanza Iglesias Méndez é titulada em Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Oviedo. Ten, tamén, os títulos de Profesora Superior de Piano (Oviedo), Solfexo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento (Santiago de Compostela), Pedagoxía Musical, Harmonía, Composición e Instrumentación (Santiago de Compostela), e Canto (Lugo). Actualmente é Profesora de Música de Educación Secundaria Obrigatoria e Bachalerato no IES «Rio Miño» de Rábade.

Carmen Prendes, contralto.

Carmen Prendes Veiga é titulada em Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Oviedo. Titulo de Profesora de Piano por el Conservatorio de Gijón. Actualmente, profesora de Música de Educación Secundaria Obligatoria en el CPI Luís Díaz Moreno de Baralla.

Fernando G. Jácome, tenor.

Fernando G. Jácome é licenciado en bioloxía pola USC e músico de formación autodidacta. Como director de coro formouse con Manel Cabero, Javier Busto, Julio Domínguez, Carl Høgset, Fernando Eldoro, entre outros, e en técnica vocal con Antón de Santiago, Montserrat Pueyo, Kevin Smith, entre outros.

Antón Castro, baixo.

Antón Castro é mestre especialista de música. Procedente da música tradicional, na que estivo entre outros, no grupo Treboada, no Tangaraño. Actualmente, en Fuxan os Ventos e Tundal.

 

Sara Ruiz estudou viola da gamba con Itziar Atutxa, Ventura Rico, Lorentz Duftschmid e Vittorio Ghielmi e participou en masterclasses con Jordi Savall, Philippe Pierlot ou Christophe Coin. Realizou un máster centrado na Interpretación Retóricamente Informada e gañou premios en concursos internacionais como solista e música de cámara.

O seu primeiro disco como solista «La voix de la viole» con seu ensemble La Bellemont recibiu distincións intenacionais como os cinco diapasóns da revista francesa Diapason. Na actualidade prepara as súas grabacións das suites para viola da gamba de François Couperin e das Fantasías de G.P. Telemann.

Colabora con importantes ensembles de Música Antiga como Amsterdam Baroque Orchestra, La Cetra Baroqueorchester, Armonico Tributo Austria, La Grande Chapelle, Al Ayre Español e Orquesta Barroca de Sevilla, entre moitos outros.

Dende 2018 é directora do Consort de Violas da Gamba da Universidade de Salamanca. Pertence a «Violanet», un consorcio internacional adicado á difusión da viola da gamba. É catedrática de viola da gamba no Conservatorio Superior de Música de Vigo e ten impartido masterclasses en Italia, Austria, Portugal, Francia e Alemaña. Tamén é profesora de viola no proxecto Son das Flores, música para a transformación.

Rafael Muñoz realizou os seus estudos na especialidade de Instrumentos de corda pulsada do Renacimiento e do Barroco no Conservatorio Superior de Sevilla con Juan Carlos Rivera, rematándoos con Premio Extraordinario Fin de Carreira. Posteriormente estudou con Rolf Lislevand na Musikhochschule de Trossingen (Alemania), realizando alí dous posgraos en interpretación laudística e música de cámara.

Como intérprete desenvolve a súa actividade concertística e discográfica en España e noutros países europeos, tocando vihuela, laúde renacentista, tiorba, guitarra barroca e arquilaúde. É membro fundador do ensemble La Bellemont, co cal dirixiu a grabación “Plaisir sacré” adicada aos petits motets de François Couperin e nomeada aos premios ICMA (Internatinal Classical Music Awards).

Rafael Muñoz ten actuado con directores e intérpretes como Jordi Savall, Eduardo López Banzo, Sophie de Bardonnèche, Manfredo Kramer ou Lucie Horsch.

No eido pedagóxico, ten impartido masterclasses en institucións como ESMAE (Porto), Conservatorio Luca Marenzio (Brescia) ou Conservatorio Arrigo Pedrollo (Vicenza). Asemade foi profesor de Instrumentos de corda pulsada do Renacimiento e do Barroco nos Conservatorios Profesionais de Salamanca e Pontevedra e, dende 2014, é catedrático de dita especialidade no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Nicolás Varela García, Organista

Natural de Camiño Real (Lalín, 1996), comeza os seus estudos musicais na especialidade de Percusión aos cinco anos no Conservatorio Profesional de Música de Lalín da man dos mestres José Manuel Taboada Seoane e José Varela Santalla, instrución que continuará na especialidade de Órgano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense coa mestra Marisol Mendive Zabaldica, obtendo premio fin de grado en ambas titulacións. Ten perfeccionado a súa formación da man de destacados especialistas como Nick Woud, Romain Kuonen, José Vicente Faus (percusión); Jesús Gonzalo, Giulio Mercati, Juan de la Rubia, Ana Mafalda Castro (órgano) e Bram Sniekers (dirección).

Como compoñente e invitado de numerosas agrupacións ten actuado en escenarios do talle de: World Music Contest (Kerkrade, Países Baixos), Jungfrau Music Festival (Interlaken, Suíza), Festival Río Loco (Touluse, Francia), Certamen Internacional de Bandes de Música Vila de la Sénia (Tarragona), Certamen Internacional de Bandas de Música Armónico de Toro (Zamora)… ademais de participar en diversos proxectos discográficos. Previamente en Santa Eulalia de Silleda (Pontevedra), na actualidade está ó cargo da organista na igrexa de Santa María la Blanca de Alcorcón (Madrid) e é investigador predoutoral en Historia Económica na Universidad Carlos III de Madrid.