18 de maio 2024

51 Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Sábado, 18 de maio de 2024  – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

 

Gli Incogniti

Amandine Beyer, violín e dirección

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

Programa:  

Concerti per il principe
J. S. Bach (1685-1750)

– Concerto para óboe d’amore BWV 1055R
– Concerto para violín en la menor BWV 1041
– Concerto de Brandeburgo nº 4, en sol maior BWV 1049
– Concerto para violín e óboe en do menor BWV 1060R
– Concerto de Brandeburgo nº 5, en re maior BWV 1050

 

Gli Incogniti
Amandine Beyer, violín solista e dirección

Pedro Sousa Silva, frauta de pico
Manuel Granatiero, traverso
Emmanuel Laporte, óboe
Alba Roca, Vadym Makarenko, violíns
Marta Páramo, viola
Marco Ceccato, violonchelo
Baldomero Barciela, violone
Anna Fontana, clave


 

Amandine Beyer

 Dende hai xa algúns anos Amandine Beyer é recoñecida como unha referencia na interpretación do repertorio barroco para violín. A súa gravación das sonatas e partitas de J. S. Bach, foi recibida como unha revelación pola critica (Diapason d’or de l’année, Choc de Classica de l’année, Editor’s choice de Gramophone, Prix Academie Charles Cros, Excepcional de Scherzo….). O seu traballo sobre estas obras continúa co espectáculo Partita 2, coreografiado e bailado por Anne Teresa de Keersmaeker e Boris Charmatz.

Habitual das máis importantes salas e festivais do mundo enteiro (Théatre du Chatelet, Festival de Sablé, Innsbruck Festwochen, Konzerthaus de Viena…), a súa actividade musical divídese entre os diferentes grupos nos que participa: Les Cornets Noirs, os dúos con Pierre Hantaï, Kristian Bezuidenhout ou Laurence Beyer e o seu propio grupo Gli Incogniti, co que gravou varios discos (Apothéoses de F. Couperin, Concerti Grossi de Corelli, Catro Estacións de Vivaldi, Nicola Matteis…). Estes discos obtiveron o apoio unánime da crítica internacional.

A súa outra paixón é a ensinanza sendo profesora na ESMAE de Porto (Portugal), así́ como en clases maxistrais por todo o mundo (Francia, Italia, España, Brasil, Taiwán, EUA, Canadá). Dende 2010 é profesora de violín barroco da Schola Cantorum Basiliensis en Suíza.

Amandine Beyer foi nomeada por REMA como Embaixadora do Día da Música Antiga 2023.

 

Gli Incogniti

Fundado en 2006 pola violinista Amandine Beyer, o grupo toma o seu nome da Accademia degli Incogniti un activo círculo literario liberal da Venecia do século XVII.

Especialista do repertorio barroco instrumental, explorando tamén o repertorio clásico, Gli Incogniti é un invitado habitual dos máis importantes teatros do mundo: Philharmonie de París, Théâtre des Champs-Elysées, Wigmore Hall de Londres, Philharmonie de Essen, Oji Hall de Tokyo, Philharmonie de Luxemburgo, BOZAR Bruxelas… Participa tamén en grandes festivais entre os que se poden citar o Boston Festival en EUA, o Printemps des Arts de Montecarlo, o MA Festival Brugge, o Festival Internacional de Bergen en Noruega, o Festival de Torroella en España, os festivais de Saintes, Montpellier…

O grupo colabora de forma regular con grandes solistas como Giuliano Carmignola, Kristian Bezuidenhout, Andreas Staier, Maria Cristina Kiehr, Alexeï Lubimov, Hans-Jörg Mammel… pero tamén con ROSAS, a compañía da coreógrafa Anne Teresa de Keersmaeker ou os cantantes tradicionais da Manufacture verbale.

Gli Incogniti grava en exclusividade para harmonia mundi: Vivaldi, Pachelbel, CPE Bach, Haydn… Os seus discos recibiron unha gran cantidade de premios da prensa especializada e do público.

Apaixonados pola pedagoxía e a transmisión, Gli Incogniti organiza dende 2017 unha Academia de música de cámara e traballo corporal, destinada a grupos barrocos, estudantes ou profesionais novos.

Gli Incogniti é artista asociado na Coursive, Scène nationale La Rochelle. Está sostido pola DRAC Nouvelle-Aquitaine, a Región Nouvelle-Aquitaine e o departamento da Gironde. Recibe axudas regulares da Adami, a Spedidam e do CNM Export para as súas actividades de concertos e discográficas, e da Caisse des dépôts para a súa Academia.