Orquestra Vigo 430. Sábado 20 de xaneiro

Sábado, 20 de xaneiro

Circulo das Artes de Lugo, 20:00 h

Orquestra Vigo 430

David Fons, viola

Vicent Alberola, dirección

Programa:

William Walton – Concerto para viola e orquestra  

D. Shostakóvich – Sinfonía nº 5 en Re menor, Op. 47 


 Interesante análiisis da Sinfonía nº 5 de Shostakóvich (Música y significado, Radio Clásica RNE):

Escoitar o programa en Spotify: 

                                                                                                                           

Vicent Alberola foi durante máis de 20 anos primeiro clarinete da Ópera de Madrid e a Sinfónica de Galicia. Durante a última década foi primeiro clarinete invitado coa Royal Concertgebow Orchestra, New York Philarmonic Orchestra, Lucerne Festival Orchestra, Mahler Chamber Orchestra e Orchestre Les Dissonances, coas que tivo a oportunidade de traballar con mestres como Claudio Abbado, Mariss Jansons, Riccardo Muti, Andris Nelsons ou Gustavo Dudamel. É director titular da Orquestra Vigo 430, Orquesta Sinfónica Gurska de Madrid e director invitado da Ópera de Perm. A súa vocación como director descubriríaa coa Xoven Orquestra de Galicia no ano 1996, agrupación da que fora 8 anos director titular. En 2003 foi nomeado director da Joven Orquesta de la Ópera de Madrid e coa Sinfónica de Madrid dirixiu no Teatro Real as óperas: Rita de G. Donizetti, La Boheme de G. Puccini, Don Giovani de W. A. Mozart, Persephone de I. Stravinsky, O Gato con Botas de X. Montsalvatge, Iolanta de P. I. Tchaikovsky, Macbeth de G. Verdi e máis recentemente L’Elissir d’Amore de G. Donizetti.