Roberta Invernizzi – 24 de maio

XLV Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Mércores, 24 de maio de 2017  – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

 

Roberta Invernizzi

soprano

Craig Marchitelli, laúde

Franco Pavan, tiorba

Rodney Prada, viola da gamba

 

La bella piú bella

 

Giuglio Caccini (ca. 1545-1638)

Dolcissimo sospiro

Torna, Deh torna

Dalla porta d’oriente

 Girolamo Kapsberger (ca. 1580-1651)

Passacaglia

 Claudio Monteverdi (1567-1643)

Ecco di dolci raggi

Disprezzata regina (Incoronazione di Poppea)

 Oratio Bassani (antes 1570-1615)

Toccata per b quadro

 Girolamo Frescobaldi (1583-1643)

Canzone a basso solo

 Tarquinio Merula (1594/5 – 1665)

Folle è ben che si credi

 Luigi Rossi (ca. 1597-1653)

La bella più bella

A quel dardo

 Girolamo Kapsberger (ca. 1580-1651)

Arpeggiata

 Sigismondo D’India (ca. 1582-1629)

Intenerite voi lagrime

Cruda Amarilli

 Girolamo Kapsberger (ca. 1580-1651)

Bergamasca

 Claudio Monteverdi (1567-1643)

Si dolce il tormento

Quel sguardo sdegnosetto

Voglio di vita uscir

 

 Roberta Invernizzi, soprano

Craig Marchitelli, laúde

Franco Pavan, tiorba

Rodney Prada, viola da gamba

 

 Roberta Invernizzi

Roberta Invernizzi é, sen dúbida, unha das voces máis destacadas da música barroca, contribuíndo dende hai xa algúns anos, grazas á súa cristalina voz de soprano e un infalible sentido dramático, ao redescubrimento de moitas músicas esquecidas, especialmente as procedentes do seu país natal.

Nacida en Milán, estudou piano e contrabaixo antes de dedicarse a cantar, estudando con Margaret Heyward. Especializouse no repertorio barroco e clásico, e é agora unha das máis cotizadas solistas no campo da música barroca e clásica. Cantou en moitos dos teatros máis importantes de Europa e dos Estados Unidos. Traballou con directores como Nikolaus Harnoncourt, Claudio Abbado, Ivor Bolton, Ton Koopman, Gustav Leonhardt, Franz Brüggen, Jordi Savall, Alan Curtis, Giovanni Antonini, Fabio Biondi, Antonio Florio, Rinaldo Alessandrini e Ottavio Dantone, e colabora regularmente con ensambles como Concentus Musicus Wien, Orquesta Mozart, Accademia Bizantina, Il Giardino Armonico, Cappella de la Pietá dei Turchini, Concerto Italiano, Europa Galante, Ensemble Matheus, Venice Baroque Orchestra, Barocchisti etc.

Foi aclamada dúas veces recentemente na Scala de Milán como Armida en Rinaldo con Ottavio Dantone e Orfeo de Monteverdi baixo a dirección de R. Alessandrini. Entre as súas máis prestixiosas participacións podemos encontrar un recital Mozart no Queen Elizabeth Hall e Cleopatra no Giulio Cesare de Handel coa Orchestra of the Age of Enlightenment, Nerone en Agrippina de Handel con Alan Curtis no Teatro Real de Madrid, La Santissima Trinità de Scarlatti no Théâtre des Champs- Elysées de París, La Statira de Cavalli no Teatro San Carlo de Nápoles, Vagaus en Juditha Triumphans de Vivaldi coa Orquestra Nacional de España, Maddalena en La Resurrezione de Haendel con N. Harnoncourt en Viena Musikverein ou Olimpiade de Galuppi con A. Marcon no Teatro La Fenice de Venecia.

En 2012, o Konzerthaus de Viena celebrou os 20 anos do Resonanzen Festival cun recital de “Roberta Invernizzi e amigos”, e en novembro do mesmo ano Nikolas Harnoncourt elixiuna como solista para a celebración do aniversario 200 da Wien Musikverein coa versión de Mozart do Alexander’s Feast de Haendel.

Roberta Invernizzi realizou máis de 70 gravacións, moitas delas de estreas mundiais, con selos como: Sony, Deutsche Grammophon, EMI / Virgin, Naïve, Opus 111, Symphonia, Glossa, moitas foron recoñecidas pola prensa musical con premios como o Diapason D’or de l’ Année , Choc du Monde de la Musique, de Goldberg Five Stars, Grammophone Awards e Deutsche Schallplatten Preis. Ela tamén gañou o renomeado Midem Classical Awards 2007 e o Stanley Prize. En 2010, o seu CD das Italian Cantatas de Handel para Glossa volveu gañar o prestixioso Stanley Prize como “mellor gravación de Handel do ano”. Recentemente, o seu Vivaldi Album para Glossa foi aclamado pola crítica internacional.