Untitled

Cargando Eventos

« All Eventos

Airas Ensemble

21 noviembre @ 08:00 pm

Evento Navegación

Airas Ensamble //

Haruna Takebe, piano //

Programa:

L.v. Beethoven – Quinteto en mi b maior, Op. 16 / 

J. Bal y Gay – Divertimento para cuarteto de madeiras / 

F. Poulenc – Sexteto para ventos e piano / 

Airas Ensemble

Cunha destacable traxectoria, e integrado por músicos da Orquestra Sinfónica de Bilbao, European Chamber Players, NDR Radiophilharmonie de Hannover, Real Filharmonia de Galicia e a Orquestra Vigo 430, desenvolven a súa actividade camerística desde 2011 actuando nos principais ciclos de cámara de Galicia e festivais nacionais e internacionais, destacando o Ciclo da Sociedade Filarmónica de Vigo, os Martes Musicais de Caixa Vital (Vitoria), o VII Festival Internacional de Música de Cámara de Villaviciosa de Odón (Madrid) e o III Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela. Nos seus concertos contaron coa colaboración de pianistas como Haruna Takebe e Enrique Bagaría. Recentemente publicaron o seu primeiro disco compacto co selo Columna Música, que contén obras de F. Poulenc, A. Jolivet, D. Milhaud e a primeira gravación mundial dun cuarteto de J. Bal y Gay. O disco recibiu moitas críticas positivas como as de El arte de la fuga, Sonograma, Ritmo ou en Doce Notas:

“[…] Airas Ensemble muestra en este trabajo su versatilidad, se trata de una grabación muy bien realizada, donde los músicos suenan frescos, todo es muy nítido, casi podríamos decir que escolástico. Con una corrección muy cuidada y una afinación impecable, el quinteto gallego ha conseguido un disco que seguro que les acarreará buenas críticas y éxitos en la música de cámara”(Guillem Escorihuela, Doce Notas, 2017).

Entre os seus futuros proxectos atópase o seu debut en Londres da man da ILAMS, e colaboracións con músicos da categoría de Anna Fedorova (piano), Sunwook Kim (piano), Jesús Reina (violín), Pacho Flores (trompeta), Guy Braunstein (violín), entre outros.

Haruna Takebe

A pianista xaponesa Haruna Takebe graduouse na universidade Toho Gakuen de Tokío e máis tarde ampliou estudos na Universidade das Artes de Berlín e no Conservatorium van Amsterdam.

Na súa actividade profesional destacan as interpretacións como solista xunto a orquestras como a Orquestra Sinfónica de Berlín, a Takamatsu Symphony Orchestra ou a Real Filharmonía de Galicia. En 2004 grava un disco para o selo STH Quality Classics con música de Scarlatti, Schubert, Liszt e Debussy.

Actualmente reside en España onde se converteu nunha habitual dos seus escenarios tanto con recitais de piano como con diversas formacións de cámara.

Escoitar parte do programa en Spotify:

Detalles

Fecha:
21 noviembre
Hora:
08:00 pm
Evento Categoría:

Lugar

Círculo das Artes
Praza Maior, 23
Lugo, Lugo 27001 España
Teléfono:
982 225 051
Pagina Web:
http://www.circulodelasartes.org