The Brahms Project. Mércores 28 de febreiro

Mércores, 28 de febreiro

Circulo das Artes de Lugo, 20:00 h

The Brahms Project

Josep Colomé, violín

Juan Luis Gallego, viola

David Apellániz, cello

Enrique Bagaría, piano

Programa:

A. Dvorak – Cuarteto con piano nº 2, Op. 87  

J. Brahms – Cuarteto con piano nº 2, Op. 26 


Escoitar o programa en Spotify: 

                                                                                                                           

The Brahms Project

THE BRAHMS PROJECT reúne a catro dos músicos máis relevantes da xeración actual que, ademais de ser recoñecidos solistas, cultivan a música de cámara como parte fundamental da súa actividade artística.

JOSEP COLOMÉ (Sabadell, 1979) estudou no Liceo de Barcelona, a Staatliche Hochschule für Musik Freiburg e a Northern Illinois University de Chicago. Foi galardoado en numerosos concursos e toca con importantes orquestras e directores. Membro fundador do Alan Quartet, colabora en recitais con Enrique Bagaría dende 2005.

JUAN LUIS GALLEGO (Madrid, 1975) foi discípulo de Víctor Martín e Nicolás Chumachenco, no Real Conservatorio de Música de Madrid e posteriormente na Musik Hochschule de Freiburg, Alemaña. Tamén recibiu clases de Ruggiero Ricci, Salvatore Accardo e Lorand Fenyves. Premio Sarasate en 1998, desenvolveu unha ampla actividade concertística que o levou a tocar nos máis importantes festivais e salas de España e boa parte de Europa, ademais de Canadá, Xapón, Rusia e América Latina.

DAVID APELLÁNIZ (Irún, 1975) actuou como solista con todas as grandes orquestras españolas, que frecuentemente o requiren como violonchelo solista. Son innumerables os seus traballos camerísticos, e son moi destacables o seu interese pola música contemporánea e as súas colaboracións coa maioría dos compositores españoles actuais. Tras ocupar a cátedra de violonchelo no Conservatorio Superior de Valencia (1998-2003), dende 2003 é titular da cátedra de violonchelo do Conservatorio Superior de Música de Aragón.

ENRIQUE BAGARÍA (Barcelona, 1978) estudou en Barcelona, Madrid e Múnic. Logrou o primeiro premio da edición 52 do Concurso María Canals (2006) despois de corenta anos sen que o ganara ningún pianista español. Traballou con importantes orquestras e o ano pasado debutou coa Orquestra do Teatro Mariinski ás ordes do mestre Guérguiev. Frecuenta tamén a música de cámara, e compaxina a súa intensa actividade concertística coa docencia nos conservatorios Superior de Música de Aragón e Superior de Música do Liceo de Barcelona.