Banda Filharmónica de Lugo – 27 de maio

XLV Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Sábado, 27 de maio de 2017  – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

 

Banda Filharmónica de Lugo

J. Alberto Pina, director convidado

 

Programa: 

José Alberto Pina (n. 1984)

 Es Vedrà

The Ghost Ship  (estrea)

A illa da luz

 

A Banda Filharmónica de Lugo estréase en novembro do 2013, impulsada polo seu director Iván Martínez Sabio e pola Sociedade Filharmónica de Lugo. Actualmente, conta cuns 60 compoñentes, músicos da contorna da cidade, e na súa maioría estudantes.

O obxectivo da banda é a difusión da música sinfónica e da música tradicional galega así como a formación e promoción de novos músicos lucenses. Ofreceu o seu primeiro concerto o 29 de novembro de 2013 no Salón Rexio do Círculo das Artes, e en 2015 gravou o seu primeiro CD.

José Alberto Pina, director e compositor, finaliza estudos de Dirección de Orquestra tendo tamén recibido clases de perfeccionamento con mestres como Sir Colin Davis (London Symphony Orchestra), Enrique García Asensio, José Rafael Pascual-Vilaplana, John Phillips (King’s College London), Jan Cober, Paolo Bellomia (Université de Montréal), Lutz Köhler (Universität der Künste, UDK, Berlín), etc.

É gañador do I Concurso de Dirección de Orquestra Ciudad de San Vicente del Raspeig e do I Concurso Nacional de Dirección de Banda Ciudad de Puertollano. Obtén o 1º premio no concurso de composición para banda de La Font de la Figuera e é premiado no II Concurso Iberoamericano de Composición para Banda “Vila de Ortigueira” coa obra O Triángulo das Bermudas. Desenvolve a súa actividade como compositor na editorial Holandesa Molenaar Edition coa que grava varios CDs, en Italia Scomegna Edizioni Musicali e a editorial valenciana Piles Ed.

Dirixiu numerosas orquestras e bandas, e na actualidade é director titular da Asociación Músico-Cultural de Madrigueras Catachana 82 (Albacete). É invitado a dirixir bandas en España e no estranxeiro como a Noord Nederlands Jeugd Orkest, Sociedade de Instruçao e Recreio de Paços da Serra Portugal, Orquestra de Sopros da EPMVC, ou a Sinfonisches Blasorchester Freiburg.

Foi nominado aos Hollywood Music in Media Awards pola obra The Island of Light.