Praga Camerata – 25 de maio

XLV Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Xoves, 25 de maio de 2017  – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

 

Praga Camerata

 

Pavel Hula, director

Martin Sedlak, violonchelo

 

Programa: 

Jacques AubertConcerto para 4 violíns, op. 17, No.4

Edward GriegDúas melodías elexíacas

Joseph HaydnConcerto nº 1 para violonchelo e cordas en dó maior, Hob. VIIb: 1

Philippe Glass: Company II para orquestra de corda

Franz SchubertAbertura en dó menor, D. 8

L.v. Beethoven  (Arr. G. Mahler) Cuarteto nº 11 en fa menor, op. 95

 

Praga Camerata

PRAGA CAMERATA segue a tradición da Orquestra Solistas de Cámara de Praga, que foi fundada en 1961 polo director titular da Filharmónica Checa Vaclav Neumann. Pavel Hůla, actual líder de Praga Camerata, foi membro do conxunto orixinal dende 1972.

Ofreceron concertos por todo o mundo, e consolidáronse como unha das formacións de cámara máis sólidas de Europa. Dende 2003, a orquestra foi invitada regularmente a Xapón, onde participou no famoso Festival Dvorak en 2004. En 2006, a Praga Camerata foi invitada a realizar unha xira por España, Francia e Alemaña. Tamén realiza o ciclo de música sinfónica da Orquestra de Cámara de Praga. En 2007, gravou o primeiro disco para o selo francés Praga Digitals, distribuído por Harmonia Mundi, con música de Schubert. Este CD foi moi recomendado pola crítica internacional. En 2008 participou no prestixioso festival Folle Journée en Nantes, dedicado ao aniversario de Schubert. Nos últimos anos, xunto aos concertos regulares da súa tempada, a Praga Camerata actuou tamén en salas como a Tonhalle Zürich, o Palau de la Música de Barcelona ou o Palau de la Música de Valencia.

Pavel Hůla, o actual director artístico, é un violinista versátil, que combina con éxito as carreiras de solista e músico de cámara. Dende 1975 ata 2010, foi líder do Cuarteto Kocian co que apareceu en máis de 3.200 concertos en todo o mundo, e gravou máis de 60 CDs para Denon, Supraphon, Orfeo e Praga Digitals. En 1997, foi galardoado cun Grand Prix du Disque de París. Pavel Hůla é profesor na Academia de Música de Praga.

Martin Sedlak, violonchelo

En 1997, terminou os seus estudos no Conservatorio de Praga e en 2002 na Academia AMU de Praga. En 1996, foi premiado no Concurso Internacional de Violonchelo de Liezen (Austria). Ese mesmo ano resultou finalista do Concurso de Violonchelo Dr. L. Sigall de Chile. En 1997, logrou o primeiro premio no concurso organizado pola Fundación Bohuslav Martinu de Praga. É un intérprete de música de cámara moi solicitado. Forma parte do Kinsky Trio Praga.